O PSdeG esixe que non se aplique a licenza deportiva única en Galicia

O PSdeG esixe que non se aplique a licenza deportiva única en Galicia

O PSdeG esixe que non se aplique a licenza deportiva única en Galicia

A portavoz de Deporte do Grupo Socialista, Carmen Acuña, defendeu unha emenda á proposición non de lei do PP, que recollía as demandas das federacións galegas que temen que a aplicación da Lei da reforma da administración as converta en meras recadadoras

Os socialistas reclaman á Xunta que reivindique as súas competencias en materia de Deporte e esixa do Goberno que non aplique esta modificación que obriga ós deportistas de base, que nun 90% fan deporte sen saír da comunidade, a abonar unha licenza nacional, cando non van obter ningún beneficio desta

A portavoz de Deporte do Grupo Socialista, Carmen Acuña, defendeu hoxe unha emenda á proposición non de lei dos populares para modificar a lexislación galega e adaptala ó proxecto de lei de racionalización do sector público estatal no referido á licenza deportiva única.

A deputada socialista esixiu á Xunta que reclame ao Goberno do Estado que se manteña o apartado 4 do artigo 32 da lei 10/1990, do deporte, tal e como estaba ata agora. Acuña requiría tamén que se elabore, na maior brevidade posible, unha nova lei do deporte estatal que revise, recolla e cohesione os sucesivos cambios que leva sufrido o texto orixinal pola aplicación e interacción doutras normas.

A portavoz de Deporte do Grupo Socialista acusou aos gobernos do PP de “empregar a desculpa da crise para esnaquizar o Sistema Público, para adelgazar as autonomías e recortar a Democracia”, segundo Acuña, o que está provocando “unha involución sen precedentes e ata ameazas de rotura da unidade do Estado”.

Acuña afirmou que “coa milonga da licenza única non se limita as competencias propias das nosas federacións, senón que tamén aplica importantes recortes económicos”. Os socialistas “estamos coas federacións galegas, en contra da licenza única”, reiterou a deputada, porque “non se pode consentir este ataque ás entidades que se están ocupando de promover o deporte de base no noso país”, proclamou.

Advertiu que a Lei de racionalización da administración “atenta contra a lexislación vixente, contra o Estatuto de Galicia e contra a Lei do Deporte Galego que recolle as competencias das federacións”. Tampouco reporta beneficios para os usuarios, xa que o 90% non sae de Galicia para a práctica da súa modalidade deportiva e “non se beneficiarían de pagar unha licenza á Federación española, que non lles vai prestar ningún servizo”.

Recordou Acuña que as 58 federacións galegas están “moi molestas con esta modificación, que ven como unha inxerencia competencial, relegándoas a meras recadadoras para as federacións estatais”. Por iso acudiron á xuntanza das federacións de todas as comunidades en Madrid o sábado pasado.

As federacións galegas tamén foron recibidas polo Director Xeral para o Deporte, o cal lles prometera apoio. Os socialistas, explicou Acuña, “esiximos que defenda os intereses das nosas federacións e se opoña a modificación prevista polo Goberno do Estado da Lei do 1990, polo receo que está provocando nas federacións galegas, xa que lesiona o principio de lealdade institucional e ademais ninguén necesitaba nin solicitaba este cambio”.

A parlamentaria socialista reprochou aos populares que, “mentres Lete se comprometeu coas federacións a defender a súa reclamación o Grupo Popular trae a Nada, para quedar ben co Goberno de Rajoy”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar