O PSdeG esixe o desdobramento do corredor do Morrazo e critica "os retrasos deliberados" da Xunta

O PSdeG esixe o desdobramento do corredor do Morrazo e critica "os retrasos deliberados" da Xunta

O PSdeG esixe o desdobramento do corredor do Morrazo e critica "os retrasos deliberados" da Xunta

Carmen GallegoOs socialistas galegos esixen á Xunta que impulse as obras para o desdobramento do corredor do Morrazo e critican que o PP “o único que fixo desde 2009 é retrasar deliberadamente os traballos”.

A viceportavoz do PSdeG no Parlamento, Carmen Gallego, asegura que “o Partido Popular só se lembra das obras cando hai cerca unas eleccións”, apuntando que os socialistas deixaron lista a adxudicación do proxecto de redacción dos traballos e o seu impacto ambiental. “Feijóo rexeitouno todo e minte cando fala da infraestrutura”, afirma.

Os socialistas consideran tamén “un paripé as declaracións do alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, pedindo as obras á Xunta”. “Se fala de verdade e non pola proximidade das eleccións municipais, contará co apoio do PSdeG”, sostén a deputada socialista.

O grupo de PSdeG na Cámara presentará no mes de setembro novas iniciativas para que o PP diga con claridade cales son as súas intencións. “O desdobramento do corredor é vital para o desenvolvemento económico da zona e para a seguridade vial”, afirma Gallego.

En opinión dos socialistas, o único que fixo o Goberno da Xunta desde o 2009 e dar excusas de tipo administrativo e económico, “cando falamos dunha reivindicación social no Morrazo”.

“O desdobramento estaba redactado cando o señor Feijóo converteuse en presidente da Xunta, non podemos permitirnos máis retrasos e promesas antes dunhas eleccións que despois non se cumpren; o inicio das obras é moi necesario”, engade Gallego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar