O PSdeG esixe o compromiso do goberno galego para a posta en marcha dun Plan de Emprego e Formación Xuvenil para Galicia

O PSdeG esixe o compromiso do goberno galego para a posta en marcha dun Plan de Emprego e Formación Xuvenil para Galicia

O PSdeG esixe o compromiso do goberno galego para a posta en marcha dun Plan de Emprego e Formación Xuvenil para Galicia

Carmen Gallego reclama que a Xunta invista neste Plan os fondos da UE para emprego xuvenil e advirte que a xestión de Feijóo provocou que haxa mais mozos en paro que con traballo

Mucha (2)A portavoz de Mocidade do Grupo Socialista, Carmen Gallego, reclamou hoxe o compromiso do goberno galego para a posta en marcha dun Plan de Emprego e Formación Xuvenil para Galicia. Gallego presentou esta proposta a través dunha Proposición non de Lei nunha rolda de prensa na que tamén participou o secretario xeral das Xuventudes Socialistas, Aitor Bouza.

Gallego instou á Xunta a aceptar esta iniciativa logo de constatar que o fracaso das políticas de Feijóo provocaron que haxa 44.162 mozos e mozas menores de 30 anos desempregados, segundo o paro rexistrado de outubro, e que o desemprego entre os mozos medrou un 62 por cento dende que goberna Feijóo.

Dixo que “hoxe temos mais mozos en paro que con traballo” mentres Feijóo “négase sistematicamente a falar de emprego” mentres os mozos e mozas vense abocados a unha situación “dramática”, obrigados a emigrar.

Denunciou o desleixo do goberno galego fronte ao principal problema para a cidadanía mentres fai que as políticas activas de emprego perdan orzamentos “a chorro” reducindo á metade o seu orzamento dende que Feijóo chegou ao goberno galego. Sinalou que o desinterese do goberno galego provoca a perda do capital humano mellor formado da historia de Galicia, que ten que formar o seu proxecto vital lonxe da súa terra.

A proposta socialista, consensuada coas organizacións xuvenís e elaborada en colaboración con Xuventudes Socialistas, establece medidas fiscais para fomentar a contratación de mozos e mozas, así como medidas para favorecer o retorno dos mozos e mozas emigrados.

Carmen Gallego explicou que a proposta determina unha liña de actuación a través do Igape para incentivar a formación dos mozos desempregados e impulsar iniciativas nos novos xacementos de emprego.

Fondos comunitarios

O Grupo Socialista reclama que o goberno galego concentre nesta proposta os orzamentos de emprego xuvenil, incluíndo a parte que lle corresponde a Galicia dos fondos comunitarios de emprego xuvenil que estarán dispoñibles dende xaneiro. Carmen Gallego sinalou que España poderá optar a 1.800 millóns de euros, dos cales a lo menos 100 deberan corresponderlle a Galicia.

Sen embargo, lembrou que a propia Comisión Europea ten chamado a atención a España esta mesma semana xa que o goberno de Rajoy non presentou un Plan de Emprego Xuvenil sen o cal é imposible acceder aos fondos, malia que España teña a taxa de desemprego de mozos e mozas mais alta da eurozona.

A deputada socialista denunciou tanto o desinterese amosado por Rajoy como que Feijóo “non faga nada para que estes fondos veñan a Galicia” e para urxir ao goberno central a presentar unha proposta que habilite as axudas.

Xuventudes Socialista

O secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza, lembrou que o fracaso das políticas de Feijóo fixeron que dous de cada tres mozos galegos perderan o seu posto de traballo, acadando unhas cifras de desemprego xuvenil “escalofriantes”.

Dixo que malia que o presidente da Xunta tivera anunciado que o emprego xuvenil sería a súa primeira medida de goberno, o certo é que no último debate do Estado da Autonomía non lle dedicou “nin un só minuto”.

Bouza considerou de “vital importancia” a modificación das medidas de impulso do emprego dos mozos e mozas “para que queden en España e non teñan que coller a maleta que lles regalou Feijóo” aos mellores expedientes académicos e se vexan obrigados a emigrar para buscar traballo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar