O PSdeG esixe o cese do responsable da campaña "un concurso de anécdotas" do Sergas

O PSdeG esixe o cese do responsable da campaña "un concurso de anécdotas" do Sergas

O PSdeG esixe o cese do responsable da campaña "un concurso de anécdotas" do Sergas

O portavoz de Lingua Grupo Parlamentario Socialista Francisco Cerviño interveu hoxe no Pleno da Cámara para reclamar explicacións, sobre si cre razoable que se desprece nunha páxina da Xunta, da Consellaría de Sanidade a cidadáns afastados da subcultura dos servizos sanitarios, e ao mesmo tempo á lingua galega. Cerviño reclamou o cese da persoa responsable deste asunto, e demandou que se “pida perdón no Parlamento a tódolos cidadáns”.

Explicou que no pasado mes de decembro, con motivo do vinte aniversario do Sergas, este organismo convocou un “concurso de anécdotas”. Nel reprodúcense exemplos de atencións a pacientes. Como sinala textualmente un exemplo que tomo directamente da paxina web Pavillón de repouso, que denuncia atinadamente, e con contundencia, estes feitos.

“-Butano: Box de Urgencias. Anamnesis del facultativo a un EPOC severo: -Y dígame, usted tiene oxígeno en casa? Y responde el acompañante: -Ai, non, nós na casa temos butano”.

Advirte que “os que traballamos no sistema sanitario durante anos, coñecemos dúcias destas anécdotas, a inmensa maioría inventadas por persoas supostamente inxeniosas. Eu, dende logo, con dezaoito anos de clínica, son incapaz agora de lembrar nin unha soa, e vin centos e centos, miles, de pacientes”.

Cerviño dixo que “é certo que esta actitude é desgraciadamente real en certos sectores dos empregados do sistema sanitario, como noutros sectores da sociedade galega, pero o que é realmente grave politicamente o que nunha páxina oficial da Xunta de Galicia, da Consellaría de Sanidade, primeiro convoque semellante parvada, e en segundo lugar reproduza estas supostas anécdotas, desprezativas da inmensa maioría dos nosos concidadáns, e os manteña na súa páxina web”.

Afirma que o goberno de Feijoo leva a cabo unha política de desprotección da lingua galega, “unha lingua grave, e en perigo de morrer, e que pode supoñer a súa morte”. Este feito amosa unha falla de sensibilidade por parte da Xunta “xa que é un desprecio a lingua galega, e ademais unha mostra de pésimo gusto e unha falla de respecto aos cidadáns”.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Febreiro 18, 2012 a 00:06

    Chiste sen gracia estos falabarato pagados do pp veñen dun planeta escuro sen atmosfera polo q os nativos carecen de vida propia

Deixar a resposta

Pechar