O PSdeG esixe no Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenos e Nenas unha lei integral e que se retire a prostitución do PIB

O PSdeG esixe no Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenos e Nenas unha lei integral e que se retire a prostitución do PIB

O PSdeG esixe no Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenos e Nenas unha lei integral e que se retire a prostitución do PIB

campaña_violenciaOs socialistas galegos fixeron público, pola conmemoración do Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenos e Nenas, un manifesto en contra do que se ten convertido na “escravitude do século XXI” e “na manifestación máis extrema da violencia contra dous dos colectivos máis vulnerables e sobre os que se exerce unha maior discriminación: o das mulleres e o da infancia”.

Con este documento, ao que dará lectura a secretaria de Igualdade, Eva Martínez Montero, ao inicio dunha reunión da Comisión de Traballo desta área que se celebrará esta tarde ás cinco na sede de O Pino, o Partido Socialista pretende denunciar unha situación á que están sometidas miles de mulleres, nenas e nenos no mundo, ao tempo que esixe investimentos, accións políticas públicas concretas e, sobre todo, esixe unha Lei Integral contra a trata de persoas con fins de explotación sexual.

“Máis aló dese Plan Integral de Loita contra a Trata, aprobado hai uns días polo Consello de Ministros, o que precisamos é dunha lei que desenvolva e regule todas as actuacións relativas á trata e explotación sexual”, di o manifesto, no que se destaca que “de pouco serven os plans cando o propio Goberno inclúe a prostitución no PIB do Estado e cando os constantes recortes do PP están a terunha importante incidencia negativa na igualdade e na loita contra a violencia de xénero”.

Violencia de xénero: acordo social e político
A secretaria de Igualdade manifestou que “hoxe tampouco podemos esquecer a violencia de xénero, posto que a explotación e trata é unha forma salvaxe de exercela”. E, a este respecto, Martínez, que insistiu na importancia que ten a loita contra a violencia machista para o Partido Socialista e, dun xeito específico, da secretaría de Igualdade, subliñou a situación “dramática” na que nos atopamos na actualidade.

“Lonxe de ver unha diminución da violencia de xénero, estamos asistindo a un incremento nas agresións machistas nas súas diferentes manifestacións: no número de mulleres asasinadas, posto que este foi o peor verán dende 2010, como no número de agresións”, manifestou a secretaria de Igualdade, que engadiu que “o que é moi perigoso é a cada vez maior violencia, física e psicolóxica na mocidade”.

Como subliñou, “Galicia, malia contar con dúas leis, a estatal de 2004 e a autonómica de 2007, non se queda atrás e, un ano máis, está a ocupar o cuarto posto do triste ránking de comunidades de mulleres asasinadas, con tres no que vai de ano”. Por iso, e ante este datos, o PSdeG considera que a loita contra a violencia de xénero ten que ser elevada á categoría de asunto de Estado e, polo tanto, convertirse en tema prioritario nas axendas de cada unha das administración.

Así, o Partido Socialista presentou unha iniciativa parlamentaria e unha moción nos concellos de Galicia reclamando ese acordo social, político e institucional contra a violencia de xénero, na que, entre outras medidas –ata once-, propoñen que se repoñan as partidas recortadas, multipliquen por cinco as partidas destinadas á loita contra a violencia, creen a Unidade de Coordinación contra a Violencia de Xénero, doten dun fondo de apoio aos Concellos ou creen os dous Xulgados comprometidos.

Finalmente, a Secretaría de Igualdade, que se suma á Marcha Estatal contra as Violencias Machistas do 7 de novembro, vén de presentar outra moción na que se pide adhesión a esta convocatoria promovida polo movemento feminista e unha serie de medidas consensuadas en materia de violencia machista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar