O PSdeG esixe explicacións sobre a ubicación dunha Sogama 2 en Ourense

O PSdeG esixe explicacións sobre a ubicación dunha Sogama 2 en Ourense

O PSdeG esixe explicacións sobre a ubicación dunha Sogama 2 en Ourense

Os socialistas interpelarán ao conselleiro de Medio Ambiente no Parlamento para saber o punto exacto de ubicación da Sogama 2 que segundo aparece hoxe nun medio de comunicación está prevista para a provincia de Ourense, e para que dea unha explicación seria sobre o proxecto industrial da “empresa pantasma” que pretende instalarse en Xinzo de Limia, para a xestión do residuos dos 92 concellos da provincia.

O deputado Juan Carlos Francisco Rivera explicou que a Xunta “non pode obviar pronunciarse” xa que ten competencia exclusiva nesta materia pola Lei de Residuos de 2008, polo que critica o seu silencio.

Lembrou que hai uns meses o conselleiro negou no Parlamento que a Limia fora o destino dunha planta que tiña por obxecto desconxestionar Sogama, e cando parecía que ía estar ubicada en Dozón hoxe aparece o conselleiro nun xornal anunciando que vai ser na provincia de Ourense.

Francisco Rivera censurou a situación de “incertidume”, xa que parece que están “xogando ao escondite”, polo que o Grupo Parlamentario Socialista esixirá no Parlamento que se aclare onde se vai ubicar esta planta e que modelo de xestión de residuos vai seguir.

“O Partido Socialista non vai pasar por ningún modelo de xestión que non pase pola compostaxe, reciclaxe e reutilización dos residuos”, dixo, e que “a provincia de Ourense non pode ser o queimador de basura de Galicia”, ao que engadiu que se non é a provincia de Ourense a que xenera esa basura tampouco merece ser a receptora.

Con respecto á Limia, o deputado sinalou que esta empresa pantasma ten menos de 6.000 euros de capital e un só empregado, e espera explicacións concretas, porque sería “moi grave” que a Xunta tivese relacións ou contactos con proxectos industriais que esconden cando menos “iniciativas sospeitosas” en canto aos personaxes que están detrás.

Tamén apelou á seriedade do Partido Popular tanto no Concello de Xinzo, como na Deputación e especialmente na Xunta, a efectos de non lanzar “iniciativas inviables” ofrecendo empregos, como é habitual nas súas prácticas preelectorais.

A deputada provincial e portavoz no Concello de Xinzo, Elvira Lama, manifestou a “profunda desconfianza e a gran preocupación dos socialistas” ante un suposto “marabilloso proxecto para a Limia” para o que nin o alcalde nin o empresario “dan a cara”, xa que foi presentado por un empregado municipal e un xestor dunha consultora.

Lama explicou que a Limia necesita con urxencia un plan de emprego, de emprego de calidade e respectuoso co medio ambiente, porque calquera outra fórmula é pan para hoxe a fame para mañá.

Neste sentido criticou que o PP sempre lanza en campaña electoral unha oferta de “empregos virtuais” aos que á xente se aferra como “un cravo ardendo”, e o proxecto que hoxe nos ocupa “non é unha planta de reciclaxe de residuos sólidos urbanos”, que si crearía emprego, senón que é unha empresa que “só vén a tratar a bolsa negra, é dicir, o contentor verde”.

Lama salientou que a Limia xa ten serios problemas de saúde ambiental, e que esta planta “de dudosa legalidade” vén amparada por “xente baixo sospeita e imputada por moitosos delictos”, polo que os socialistas pedirán explicacións tanto no Concello, como na Deputación e no Parlamento.

A portavoz socialista dixo que “Baltar é unha das partes interesadas neste negocio”, porque ten asumida mediante convenios a recollida selectiva de residuos nesta provincia, e na reunión do pasado día 3 se pretendía tratar os dos 92 concellos.

Lama revelou que a empresa que se presenta con sede social no concello de Fortuna (Murcia), en Avda. Príncipe de Asturias nº 12, non existe, como o atestigua o material gráfico do que dispomos, “aí non hai ningunha empresa”.

Por último, apuntou que é curioso que sexa o alcalde o que vai buscar a empresa de reciclaxe, cando normalmente son as empresas de reciclaxe as que busacan onde instalarse e atopan as reticencias do gobernó municipal e dos veciños, porque ninguén quere preto das súas casas plantas deste tipo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar