O PSdeG esixe explicacións a Feijóo sobre as implicacións de cargos públicos do PP na Operación Orquesta, que tamén salpica a tres consellerías

O PSdeG esixe explicacións a Feijóo sobre as implicacións de cargos públicos do PP na Operación Orquesta, que tamén salpica a tres consellerías

O PSdeG esixe explicacións a Feijóo sobre as implicacións de cargos públicos do PP na Operación Orquesta, que tamén salpica a tres consellerías

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, esixiu a Feijóo unha explicación sobre as implicacións de alcaldes, deputados e concelleiros do PP na Operación Orquesta, que tamén salpica a tres consellerías do Goberno galego –Traballo, Cultura e Medio Ambiente e Ordenación do Territori- segundo desvela o sumario do caso.

García apuntou que a revelación do sumario “está a poñer ao Goberno galego contra as cordas” porque “cada día que pasa hai un novo dato que evidencia a implicación do PP neste turbio asunto”.

O dirixente socialista sinalou que a gravidade desta operación ven dada porque, empezando como unha investigación sobre o narcotráfico, descubriu posibles delictos de tráfico de influencias, soborno, prevaricación e falsificación documental, que afectan directamente a alcaldes, concelleiros e deputados provinciais do PP.

Lembrou igualmente que as últimas revelacións do sumario apuntan tamén á implicación de ata tres consellerías do goberno galego. Por todo iso, García cre que Feijóo, como presidente do PP e do Goberno galego non pode deixar pasar máis tempo sen explicar o que está a ocorrer co seu partido, co seu goberno, e coa Operación Orquesta.

“Feijóo, como presidente do PP e do Goberno galego, non pode desentenderse e mirar para outro lado”, sinalou García, que esixiulle “que pida responsabilidades aos seus conselleiros, alcaldes, concelleiros, deputados provinciais, e que dea unha explicación aos galegos e galegas”.

O dirixente socialista anunciou que o Grupo Parlamentario socialista presentará unha batería de iniciativas no Parlamento para esixir explicacións aos responsables de cada unha das consellerías que aparecen relacionadas co caso no sumario e considerou “inadmisible” que a día de hoxe “nin o presidente nin os responsables destas consellerías dixesen nin unha soa palabra sobre isto”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar