O PSdeG esixe ao PP “compromisos e medidas concretas” para axudar ás persoas que están “na desesperación ou en risco de exclusión social”

O PSdeG esixe ao PP “compromisos e medidas concretas” para axudar ás persoas que están “na desesperación ou en risco de exclusión social”

O PSdeG esixe ao PP “compromisos e medidas concretas” para axudar ás persoas que están “na desesperación ou en risco de exclusión social”

Carmen GallegoA viceportavoz dos socialistas galegos, Carmen Gallego, demandou hoxe ao PP no pleno do Parlamento “compromisos e medidas concretas” para axudar ás persoas que “están na desesperación ou en risco de exclusión social”.

Cunha proposición non de lei rexeitada polo PP, o PSdeG solicitou o apoio da Cámara para demandar ao Goberno central “un subsidio para desempregados de longa duración con cargas familiares e sen rendas, mulleres vítimas de violencia machista, persoas cunha minusvalía recoñecida en grao igual ou superior ao 33%, e parados maiores de 45 anos que esgotasen a renda activa de inserción”.

Este subsidio sería por seis meses prorrogables mentres a persoa siga en desemprego e ata que a taxa de paro non baixe do 15%, cunha contía igual ao 80% do IPREM mensual vixente en cada momento que incrementarase en función das responsabilidades familiares con independencia da idade.

“Á Xunta, o que lle pedimos é que desenvolva as súas competencias en materia de políticas activas de emprego, poñendo en marcha un plan específico de emprego para as persoas paradas de longa duración e dotando os servizos públicos de emprego con persoal para atender con calidade os itinerarios de inserción laboral”, apuntou Gallego.

Os socialistas lembran que desde 2009 os orzamentos para promoción do emprego en Galicia baixaron en 421 millóns de euros e o paro medrou un 74,74% nos cinco anos da Xunta de Feijóo (177.000 persoas ocupadas menos desde que chegou a San Caetano).

“En Galicia temos 93.700 fogares nos que todos os seus membros están en paro e 190.000 galegos desempregados non perciben ningunha prestación, unha situación provocada por unha reforma laboral que precarizou o emprego, devaluou os salarios e desprotexeu aos traballadores e traballadoras que tiñan convenios colectivos”, rematou Gallego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar