O PSdeG esixe ao PP “a retirada da reforma local” tras a decisión do Constitucional de admitir a trámite o recurso contra a lei

O PSdeG esixe ao PP “a retirada da reforma local” tras a decisión do Constitucional de admitir a trámite o recurso contra a lei

O PSdeG esixe ao PP “a retirada da reforma local” tras a decisión do Constitucional de admitir a trámite o recurso contra a lei

ExecutivaO secretario de Política Municipal da Executiva dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, esixiu hoxe ao Partido Popular que “retire a reforma local” tras a decisión do Tribunal Constitucional de admitir a trámite o recurso contra esta lei.

“Onte coñeciamos o pronunciamento do Constitucional, tras a demanda de 3.000 concellos de toda España, entre eles os socialistas, e consideramos que é un paso moi importante”, manifestou Formoso, que apunta que “non é un procedimento sobre o fondo do asunto, pero coa súa admisión a trámite do recurso, o tribunal pode entrever algún tipo de contrariedade no texto”.

“O triste é que a reforma que máis podería contribuír á rexeneración democrática, porque recolle aspectos fundamentais para os veciños e veciñas, quedara á marxe do consenso”, afirma o secretario de Política Municipal socialista. “O de onte é un raio de esperanza, o texto da lei pon en risco a prestación de servizos sociais moi importantes e a autonomía da administración local”, sostén.

En opinión do PSdeG, “estamos asistiendo a una cerimonia triste, xa que o PP plantexa medidas para a rexeneración, pero despois aproba normas sen diálogo e os alcaldes, moitos tamén do PP, consideramos que é unha mala reforma, prexudica aos cidadáns e non garante o financiamento das competencias municipais”.

“O Tribunal Constitucional verá na lei que non se cumpre a autonomía local dos concellos, a norma dista moito do que necesita un país que quere reformar as súas administracións para funcionar mellor e fortalecer os dereitos de todos os veciños”, engade Valentín Formoso.

“Temos nesta lei un exemplo máis de que o Partido Popular non pensa nos problemas dos cidadáns, senón que a súa prioridade é seguir gobernando sexa como sexa”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar