O PSdeG esixe ao Goberno galego a derogación do decreto que deixa sen atención sanitaria ás persoas sen recursos

O PSdeG esixe ao Goberno galego a derogación do decreto que deixa sen atención sanitaria ás persoas sen recursos

O PSdeG esixe ao Goberno galego a derogación do decreto que deixa sen atención sanitaria ás persoas sen recursos

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, denunciou as “mentiras e hipocrisía” do Goberno de Feijóo, “que nega todos os días que haxa recortes na sanidade pública cando xa está a deixar sen atención sanitaria ás persoas sen recursos e desempregadas”.

Así o dixo tras facerse hoxe público o caso dunha muller, desempregada de longa duración, á que lle denegaron o acceso á consulta médica e á asistencia farmacéutica, despois de que o Sergas lle desactivase a tarxeta sanitaria por acabárselle a prestación por desemprego e ser por elo unha persoa sen recursos económicos.

Este feito demostra a denuncia que ven realizando o PSdeG dende que se publicou a orde do 9 de setembro que regula o acceso á sanidade pública de persoas sen recursos (PSR) e persoas desempregadas, aos que só se lle recoñece o dereito á asistencia por urxencias.

Fernández considerou “vergoñenta” a “hipócrita actuación” do Goberno galego que demostra “que levan meses mentido aos galegos e galegas”.

“Queda claro que o obxectivo das últimas ordes e decretos da Consellería de Sanidade é abrir a porta ao cobro pola prestación sanitaria e a privatización do sistema sanitario público”, sentenciou.

“Se reducen orzamentos e persoal da sanidade pública prodúcese unha merma da calidade do sistema. Se a isto engadimos a introducción do cobro por determinadas prestacións e a distinción entre os pacientes con recursos e sen recursos, vemos toda unha estratexia para desmantelar o noso sistema sanitario público, universal e gratuíto”, criticou.

Por elo, o responsable socialista esixiu a derogación do Decreto do Goberno galego e reclamou a dimisión da conselleira “por recortar os dereitos dos galegos e galegas e romper a equidade e a universalidade do sistema sanitario público galego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar