O PSdeG esixe ao Goberno a busca inmediata de carga de traballo para Navantia-Ferrol

O PSdeG esixe ao Goberno a busca inmediata de carga de traballo para Navantia-Ferrol

O PSdeG esixe ao Goberno a busca inmediata de carga de traballo para Navantia-Ferrol

Paloma Rodríguez e Beatriz Sestayo mostran a súa satisfacción pola noticia e piden a urxente construción do dique flotante "pois xa ninguén poderá utilizar de escusa o veto da UE para non "o" construír

As socialistas ferrolás Beatriz Sestayo, secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Ferrol, e Paloma Rodríguez, deputada nas Cortes, mostran a súa satisfacción de confirmarse a noticia segundo a cal o comisario europeo da competencia, Joaquín Almunia, tería anunciado para xaneiro do 2015 o levantamento do veto da UE á construción civil.

Ante o próximo levantamento do devandito veto, Sestayo e Rodríguez esixen ao Goberno "que de xeito inmediato poña mans á obra na busca de carga de traballo para Navantia e especialmente para os estaleiros ferroláns".

Indican do mesmo modo que "Navantia debe converterse de novo na empresa punteira que sempre foi e situarse á fronte como fonte de traballo e desenvolvemento para Ferrol e as súas bisbarras".

"O Goberno -apuntan- debe considerar esta tarefa como asunto de Estado e non debe desaproveitar as novas oportunidades que se presentan co levantamento do veto da UE á construción civil". "Un veto -recordan- que se produciu como consecuencia de axudas que concedeu o Goberno Aznar e que a UE considerou ilegais".

As socialistas reclaman ademais o Goberno "a urxente construción do dique flotante para Ferrol". Sinalan que "xa non teñen ningunha escusa aqueles que estiveron a terxiversar a realidade e mantiveron que o dique non se podía construír por ser considerado construción civil e existir o veto da UE".

Respecto ao dique engaden que queda por fin claro -como sempre sostivemos os socialistas- que para construír o dique só se necesita a vontade política do Goberno de querer facelo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar