O PSdeG esixe á Xunta que revoque a denegación de axudas para a subsidiación de préstamos hipotecarios para vivendas de protección oficial

O PSdeG esixe á Xunta que revoque a denegación de axudas para a subsidiación de préstamos hipotecarios para vivendas de protección oficial

O PSdeG esixe á Xunta que revoque a denegación de axudas para a subsidiación de préstamos hipotecarios para vivendas de protección oficial

Sánchez Bugallo e Paula Fernández recibiron a representantes da Coordiandora Estatal e de Plataformas de afectados de varias cidades de Galicia

O portavoz da Coordinadora anunciou que o Valedor e a Secretaria de Vivenda da Xunta recibirán ás plataformas

Os parlamentarios socialistas agardan que a Xunta exerza as súas competencias exclusivas e, como xa están a facer outras comunidades, revoquen as denegacións de axudas e o goberno pague as subsidicación dos préstamos

Fernández espera que prospere o recurso de inconstitucionalidade, presentado polos socialistas contra a lei de flexibililización e fomento do mercado do aluguer e da vivenda, que suprime e deixa sen efectos as axudas desde 2002

Os socialistas salientan que esta medida do Executivo do PP afecta ás familias máis vulnerables, con menos recursos, que logo de soportar paro, recortes e a suba do recibo da luz, deben engadir entre 60€ e 150€ ao mes, da perda a axuda á hipoteca

Bugallo censura que os populares lexislaran para a perda do dereito á axuda pero mantiveran para estas familias todas as obrigas e non poidan vender ou alugar a vivenda

A senadora, Paula Fernández, e o portavoz de Vivenda do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiron hoxe a membros da coordinadora estatal e das plataformas galegas de afectados pola retirada por parte do goberno das subvencións aos xuros pola hipoteca das vivendas de Protección Oficial ou Autonómica.

Tal e como informou o portavoz de Vivenda socialista, segundo os datos que manexa a Secretaría Xeral de Vivenda e Solo, son 4.000 os e as titulares de vivenda protexida que se viron afectados tanto polo Real Decreto Lei 20/12 de 13 de xullo, que en virtude do seu artigo 35 regulaba a supresión da concesión de axudas de subsidiación de préstamos do Plan Estatal de Vivenda 2009-2012 como pola Lei 4/2013 de 4 de xullo, de medidas de Flexibilización e Fomento do Mercado de Aluguer de Vivenda, que suprime e deixa sen efectos estas mesmas axudas dentro do marco dos plans estatais de Vivenda desde o ano 2002.

O portavoz da Coordinadora de plataformas estatais pola supresión de axudas aos préstamos de VPO e VPP, Ángel Sancha, salientou que no Estado “máis de 300.000 familias están afectadas por esta supresión de axudas aos xuros”. Familias con nivel de ingresos moi baixos aos que quedan uns intereses moi altos.

SánchezBugallo engadiu que “a norma ademais recorta dereitos, pero non as obrigas”, polo que os afectados atópanse con xuros por riba dos da vivenda libre e coa imposibilidade de alugar ou vender a vivenda. O deputado socialista cifrou nun custe de entre 60€ e 150€ ao mes, “o que representa un 20% do custe das súas hipotecas”.

A senadora Paula Fernández, advertiu que a decisión do Goberno de retirar a subsidiación dos xuros aboca a moitas familias “a sufrir o embargo da súa vivenda”, xa que “ademais do incremento da hipoteca, polo substrato social ao que pertencen, hai que sumar o que lles afecta o paro, o recorte de salarios, ou o incremento dos gastos da electricidade”.

Fernández espera que prospere o recurso socialista de inconstitucionalidade da disposición segunda da Lei 4/2013, que regula o aluguer e que impedía a renovación das axudas ós xuros. Bugallo e a senadora tamén agardan que a Secretaria Xeral de Vivenda, “non faga deixación de funcións” e, como xa fixeron outras comunidades autónomas como Castela e León, atenda a demanda das plataformas, exerza a súa competencia exclusiva e revoque de oficio todas as resolucións de aqueles titulares que, cumprindo os requisitos, se lles denegou a axuda.

Esixen tamén da Xunta que dispoña medidas paliativas para as persoas que, como consecuencia da retirada de todas as axudas por parte do Estado estean en situación de especial vulnerabilidade.

O coordinador de plataformas de afectados xa anunciou aos parlamentarios socialistas que o Valedor do Pobo os recibirá pola tarde para entregarlles un documento, que remitirá ó Goberno galego, onde consta a recomendación de tomar estas medidas porque considera que a interpretación da norma por parte do Goberno non foi a correcta. Sancha tamén recibiu a chamada da Secretaria Xeral de Vivenda da Xunta para manter unha xuntanza.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar