O PSdeG esixe á Xunta “equidade no sistema educativo, recuperar as condicións do profesorado e convocar unha potente oferta de emprego público no 2016”

O PSdeG esixe á Xunta “equidade no sistema educativo, recuperar as condicións do profesorado e convocar unha potente oferta de emprego público no 2016”

O PSdeG esixe á Xunta “equidade no sistema educativo, recuperar as condicións do profesorado e convocar unha potente oferta de emprego público no 2016”

IES MilladoiroO portavoz de Educación do PSdeG, Vicente Docasar, esixiu hoxe ao conselleiro Román Rodríguez rematar co austericidio na educación galega, loitar pola equidade do sistema educativo, recuperar as condicións laborais do profesorado e abordar melloras nos equipamentos didácticos e nos edificios de colexios e institutos.
O deputado socialista, nunha interpelación no pleno do Parlamento, demandoulle ao conselleiro Román Rodríguez “unha solución á trapalleira xestión feita cos libros de texto e a convocatoria dunha potente oferta de emprego público docente en 2016, pactada coas forzas sindicais representadas na Mesa Sectorial de Educación”.
“Ven hoxe vostede aquí collido por unha orella polo grupo socialista, aínda que tivo a oportunidade de comparecer voluntariamente para explicar o inicio do curso, cousa que non fixo nin poderá facer ata o mes de novembro”, aseverou o deputado socialista.
“Está en marcha o segundo curso da era LOMCE con máis defectos e problemas dos que xa denunciaramos hai un ano; hai premura, improvisación, cabreo na comunidade educativa e falta de recursos nos nosos centros educativos, especialmente de persoal de apoio”, asegurou Docasar, “e aí están para demostrar o que digo as numerosas queixas de anpas, profesores, equipos directivos e sindicatos de ensino”.
“Estamos ás portas de debatir os orzamentos de 2016 e se realmente somos a Alemania do sur, como dixo hai uns días na súa visita a Berlín o presidente Rajoy, sería bo que a comunidade educativa galega empezara a percibir esa ilusionante sensación de ser algo así como Baviera”, dixo o deputado socialista.
Docasar lembrou que “Galicia non sae moi ben parada nos informes educativos coñecidos”, e pediulle ao conselleiro de Educación que “deixe de mirar as comunidades autónomas que van peor e mire o que fan as comunidades do Norte de España como País Vasco, Castelá e León, Aragón ou Asturias, que saen mellor paradas”.
“Señor Rodríguez, non permita coa súa inacción que a política errática e caótica da Consellería de Educación neste inicio de curso poda levar á comunidade educativa galega ao límite da insubordinación, está nas súas mans facer algo para mellorar a situación”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar