O PSdeG esixe a Xunta e Goberno “unha estratexia propia para o sector lácteo, Feijóo o único que fai e mostrar solidariedade e para iso xa está a sociedade”

COiQ0KVWoAEb6BJOs socialistas galegos esixiron hoxe a Xunta e Goberno “unha estratexia propia para o sector lácteo, o presidente Feijóo o único que fai e mostrar a súa solidariedade cos gandeiros e para iso xa está a sociedade”.

O portavoz de Medio Rural do PSdeG no Parlamento, Pablo García, asistiu xunto a numerosos cargos socialistas á manifestación polas rúas de Santiago en defensa do sector lácteo. “Levamos un ano falando desta crise e agora o presidente da Xunta limítase a envolver o paquete e pasarlle a pelota á ministra sen aportar solucións”, asegurou.

“Que estivo facendo a Xunta estes meses? Agora din que farán todo o que legalmente poidan, nos sabemos se ata hoxe estaban na ilegalidade, pero os gandeiros non teñen máis tempo, Galicia é a maior produtora de leite de España e non podemos seguir así”, afirmou.

En opinión do deputado socialista, “non podemos suplicarlle a Francia que nos axude cando eles son os principais beneficiados por esta situación, os gandeiros galegos levan moitos meses perdendo cartos e un mes e medio en loita, teñen o apoio total do PSdeG”.

“Non sabemos que dirá hoxe a ministra de Agricultura, pero se lle pasa a pelota a Francia ou Europa, mal vamos, demandamos unha estratexia propia, un camiño a seguir para evitar a ruína absoluta do campo galego, fundamental para todos”, rematou García.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar