O PSdeG esixe a Xunta e Goberno central “unha folla de ruta” para Ferrol e o seu sector naval, que perdeu 4.000 postos de traballo nos últimos catro anos

O PSdeG esixe a Xunta e Goberno central “unha folla de ruta” para Ferrol e o seu sector naval, que perdeu 4.000 postos de traballo nos últimos catro anos

O PSdeG esixe a Xunta e Goberno central “unha folla de ruta” para Ferrol e o seu sector naval, que perdeu 4.000 postos de traballo nos últimos catro anos

A secretaria de Organización, Pilar Cancela, mantivo esta tarde unha reunión de traballo cos socialistas da comarca de Ferrolterra

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, demanda á Xunta de Galicia e ao Goberno central “unha folla de ruta con solucións e alternativas” para Ferrol e o seu naval, un sector que nos últimos catro anos perdeu 4.000 empregos.

Cancela mantivo esta tarde unha reunión de traballo en Ferrol coas agrupacións socialistas de Ferrolterra. “Esta comarca está a pasar o momento máis duro da súa historia democrática e a Xunta está ausente, por iso lle demandamos ao PP que rectifique o endurecemento das condicións impostas no Plan Ferrol e cumpra as súas promesas para o sector naval”, asegurou Cancela.

Dende o 2009, os Gobernos de Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy impuxeron no Plan Ferrol condicións como a esixencia de avais e o endurecemento das condicións de crédito, que produciron que as partidas destinadas quedaran sen executar e devolvéndose a outros puntos do Estado.

Ferrol vive unha “situación excepcional” que levou aos socialistas a convocar na Cámara galega unha interparlamentaria, “por primeira vez nesta cidade co asunto monográfico do Naval e o desemprego”. Ferrol atópase co 32% de paro e perdeu o 90% do emprego nas empresas auxiliares do naval.

Na reunión de hoxe, a secretaria de Organización do PSdeG lembrou a importancia que terán as próximas eleccións europeas no reparto dos fondos estruturais e nos problemas de sectores como o naval. “Os socialistas loitaremos para darlle a volta á situación que atravesa Ferrol”, afirmou.

Dende hai semanas, Pilar Cancela celebra reunións con todas as agrupacións comarcais do PSdeG en Galicia, co obxectivo de explicarlles os retos dos socialistas e coñecer as inquedanzas e preocupacións de todos os militantes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar