O PSdeG esixe a Xunta e Goberno central que atenda as demandas da Mariña Lucense e garante que defenderá os intereses da comarca en Europa

O PSdeG esixe a Xunta e Goberno central que atenda as demandas da Mariña Lucense e garante que defenderá os intereses da comarca en Europa

O PSdeG esixe a Xunta e Goberno central que atenda as demandas da Mariña Lucense e garante que defenderá os intereses da comarca en Europa

A secretaria de Organización, Pilar Cancela, mantivo esta tarde unha reunión de traballo cos socialistas da comarca da Mariña

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, demanda á Xunta de Galicia e ao Goberno central “que atenda as necesidades da Mariña lucense” en áreas fundamentais como as infraestruturas sanitarias e educativas.

Cancela mantivo esta tarde unha reunión de traballo en Mondoñedo coas agrupacións socialistas da Mariña. A secretaria de Organización do PSdeG comprometeuse a defender os intereses da comarca en Europa.

No encontro, os militantes falaron da proposta de actos na Mariña do Comité Electoral Provincial de Lugo para as eleccións europeas, así como das liñas xerais da campaña. Os socialistas consideran que chegou o momento do cambio e Galicia xógase moito o 25 de maio, “xa que os cidadáns poden elixir entre a política de recortes e empobrecemento do PP ou a sociedade de benestar que defende o PSdeG”, afirmou Cancela.

Na reunión de hoxe, a secretaria de Organización do PSdeG lembrou a importancia que terán as próximas eleccións europeas no reparto dos fondos estruturais e nos problemas de sectores como a pesca.

Dende hai semanas, Pilar Cancela celebra reunións con todas as agrupacións comarcais do PSdeG en Galicia, co obxectivo preparar a campaña das Europeas, explicarlles os retos dos socialistas e coñecer as inquedanzas e preocupacións de todos os militantes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar