O PSdeG esixe a paralización do copago de medicamentos, unha medida “cruel, mezquina e indigna”

O PSdeG esixe a paralización do copago de medicamentos, unha medida “cruel, mezquina e indigna”

O PSdeG esixe a paralización do copago de medicamentos, unha medida “cruel, mezquina e indigna”

Carmen Acuña puntualiza que “non pagan mais os que mais teñen, senón os que mais doentes están”

MedicamentosA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, esixiulle hoxe á Xunta que paralice o copago de medicamentos de farmacia hospitalaria, unha medida que cualificou de “cruel, mezquina e indigna”. A deputada socialista presentou unha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento que foi rexeitada polo PP, que mesmo rexeitou unha transacción para aprobar a mesma iniciativa en contra do copago que o PP aprobou en Castela León .

Acuña chamou a “acabar hoxe cunha medida que non ten sentido que denota crueldade, e o pobo galego non merece ter un goberno cruel” que obriga pagar a doentes moi graves con hepatite C, tumor cerebral ou de mama, ELA, leucemias “e por suposto os que teñen complicacións derivadas da Sida”. Denunciou que Feijóo “quere cobrarlles uns euritos polas medicinas a doentes con meses de vida”.

A deputada socialista reclamoulle hoxe ao goberno galego que “si queren evitar a demagoxia non cobren” polos medicamentos xa que, dixo, “non é certo que paguen mais os que mais teñen, senón que pagan mais os que mais doentes están”. Ademais, criticou que a medida vaia supor aforro -200.000 euros nun orzamento de 8.391 millóns- e que sexa disuasoria porque afecta a doenzas nas que “prima o seguimento do tratamento”.

Acuña acusou ao goberno galego de ser cómplice no “remate dun dos mellores sistemas públicos sanitarios do mundo” que resultaba “barato e garantía asistencia universal, pública, gratuíta e de calidade”. Dixo que o seu obxectivo real é “transformar o dereito á atención sanitaria nun servizo” e puntualizou que “mentres cos dereitos non se comercia, cos servizos si”.

Modelo sanitario do PP

Dixo que o modelo sanitario do PP remata coa universalidade porque “estará reservado só para os asegurados, os que cotizan”, finaliza coa gratuidade ao impor os “pagos, repagos e copagos”, e provoca o “deterioro progresivo do sistema” a través da privatización das infraestruturas, a caída da calidade do material, a suba das listas de espera e os continuos ataques contra o persoal sanitario.

A responsable socialista lamentou hoxe o “afán do PP por mercantilizar a sanidade” obrigando a que “pague todo o mundo por todo, aínda que estea morrendo”, e chegou a ofrecer o mesmo acordo aprobado polo nas cortes de Castela León para pedir a paralización do copago, unha proposta que foi rexeitada polo PP.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar