O PSdeG esixe a Feijoo que explique as presuntas irregularidades nas obras do chalé do presidente do PP de Lugo

O PSdeG esixe a Feijoo que explique as presuntas irregularidades nas obras do chalé do presidente do PP de Lugo

O PSdeG esixe a Feijoo que explique as presuntas irregularidades nas obras do chalé do presidente do PP de Lugo

O PSdeG-PSOE esixe ao presidente da Xunta e ao do PP de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, que ofrezan explicacións polas irregularidades relativas á casa que constrúe este último en Monterroso que veñen aparecendo nos medios de comunicación nos últimos días. Sinalan que deben explicar si é certo que as obras quintuplican o presuposto que figura na licenza de obra.

Os socialistas galegos reclaman tamén á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística –Aplu- que demostre que non actúa de forma sectaria e repita neste caso o celo que ven demostrando noutros casos e abra un expediente informativo para verificar a situación e que obrigou ao concello de Monterroso a paralizar as obras en abril de 2010.

O PSdeG-PSOE está seguro de que tanto o presidente da Xunta e do PPdeG como o presidente do PP de Lugo serán os primeiros interesados en explicar si as obras, solicitadas por Barreiro a través da súa muller, superan o millón de euros cando o presuposto solicitado e concedido rolda os 250.000, e non respectan as alturas, volumes e carece de licencias adecuadas.

Os socialistas galegos comparten a preocupación que seguro teñen o presidente da Xunta e o ex – conselleiro de Medio Ambiente para clarificar si con esta obra de rehabilitación cometeu un presunto fraude ás arcas públicas, ao ter pagado o 2 por cento da liquidación, aproximadamente 5.000 euros, moi por debaixo do que corresponde a unha obra desta magnitude.

Solicitan tamén información precisa sobre o feito de que o muro, orixinalmente orzamentado en 4.500 euros para 90 metros teña un suposto custo real de 40.000 euros, así como pola visible construción dunha piscina que semella non estar incluída no proxecto orixinal.

O PSdeG-PSOE non dubida en ningún momento que o presidente do PP de Lugo ofrecerá cumprida información ao presidente da Xunta para que este poida cumprir coas esixencias de transparencia, limpeza e boas prácticas que el mesmo comprometeu e explique si se trata dun caso de falsidade documental e de onde sacou os cartos que non recoñece investir.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar