O PSdeG esixe a Feijóo que cumpra o convenio coas comunidades de regantes da Limia

O PSdeG esixe a Feijóo que cumpra o convenio coas comunidades de regantes da Limia

O PSdeG esixe a Feijóo que cumpra o convenio coas comunidades de regantes da Limia

A deputada socialista Laura Seara, o deputado autonómico, Juan Carlos Francisco Rivera, e a deputada provincial, Elvira Lama, esixen á Xunta que cumpra os compromisos adquiridos cos agricultores da Limia e manteña o convenio asinado para a modernización dos regadíos polo que os agricultores teñen que pagar o 10%.

Os socialistas denunciaron hoxe en rolda de prensa que o Director Xeral de Agricultura comunicou nunha reunión a representantes das catro comunidades de regantes un cambio sobre o convenio asinado polo que agora os agricultores teñen que pagar o 25% do custe da infraestrutura, o que supón un 15% máis.

Seara dixo que esta suba “é dificilmente asumible” e que non estaba acordado así, polo que pregunta porque hai este cambio nas condicións e cal é a postura do Goberno de España e se “está a Xunta facilitando os recortes ao Goberno de España, que ben pode ser”.

No que cualificaron “dun erro” do Director Xeral, o representante da Xunta dixo que o Goberno autonómico pagaría o 75%, cando polo convenio asinado o pasado 23 de xaneiro de 2011 o Ministerio pagaría o 41%, a Unión Europea o 28% e a Xunta o 21%, polo que “supoñemos que nese 75% están incluídos o Goberno de España e a UE”, porque ademais a Xunta non ten orzamentada ningunha partida para esta cuestión.

Seara, que formará parte da Comisión de Agricultura do Congreso, explicou as vantaxes da modernización das catro comunidades de regantes, un importante proxecto que aumentará a produtividade, a eficiencia e axudará a aforrar auga, enerxía e diminuír a contaminación acústica, entre outras, e lembrou que a innovación é imprescindible para medrar neste sector.

O deputado Juan Carlos Fracisco Rivera censurou os incumprimentos da Xunta coa comarca máis agrícola de Galicia, e pediu a Feijóo que remate a o Plan de Xestión da ZEPA porque hai centos de agricultores que dependen de axudas e subvencións relacionadas con este plan de xestión.

Sobre a situación dramática do agro en Ourense, e concretamente na Limia, Francisco Rivera sinalou que “hai centos de familias esperando que a Xunta faga algo” para executar o asinado no convenio de 2011 e “non é de recibo que Feijóo tente de modificar a situación con reunións como a doutro día”.

O deputado considera “escandalosa” a situación, máxime cando aos produtores de pataca se lle está pagando a pataca a 4 céntimos/quilogramo e os custes de produción superan os 10 céntimos/quilogramo.

Desta forma, o Grupo Parlamentario Socialista pedirá a comparecencia da nova conselleira, Rosa Quintana, para que explique as medidas que se van tomar para mellorar o futuro das explotacións da Limia, e pedir que se constitúa a Mesa Sectorial da Pataca e a homologación dos prezos.

A deputada provincial e portavoz socialista no concello de Xinzo, Elvira Lama, tildou de “ofensivas” as novas sobre a modernización dos regadíos que afecta a 4.000 hectáreas das que “sobreviven” directamente 300 familias e indirectamente o sector servizos de toda a comarca.

Apuntou que dende que se fixo a declaración de interese xeral da modernización dos regadíos das catro comunidades, a Xunta de Feijóo non fixo máis que poñer atrancos e demorar a firma do convenio, “e agora nos veñen con este regaliño de Nadal” polo que “os agricultores teñen que poñer o 25% dunha soa vez e antes de que se redacten os proxectos”.

Explicou que o custe aproximado por hectárea ronda os 7.000 euros, e que ao aumentar ao 25% pasarían a pagar o mesmo que noutras comunidades como Castela León, pero coa diferenza de que alí hai dúas colleitas por ano e na Limia só hai unha colleita por ano.

“A Xunta de Galicia gobernada polo Partido Popular quere acabar co sector primario da Limia”, dixo, “mentres os alcaldes da zona miran para outro lado”, ao que engadiu “que non mintan” porque “non estamos para bromas” e o convenio marco “ten que levarse a cabo xa”.

Así, os socialistas presentarán unha batería de iniciativas tanto no Congreso, como no Parlamento de Galicia e na Deputación de Ourense, para preguntar por este tema e esixir que se cumpran os compromisos adquiridos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar