O PSdeG esixe a Feijóo no Parlamento que acepte a proposta da Deputación de Lugo para financiar hemodinámica 24 horas no HULA

O PSdeG esixe a Feijóo no Parlamento que acepte a proposta da Deputación de Lugo para financiar hemodinámica 24 horas no HULA

O PSdeG esixe a Feijóo no Parlamento que acepte a proposta da Deputación de Lugo para financiar hemodinámica 24 horas no HULA

Besteiro HemicicloO grupo parlamentario do PSdeG rexistrou este martes na Cámara galega unha Proposición non de Lei para o seu debate no vindeiro Pleno na que lle esixe á Xunta que acepte a proposta da Deputación de sufragar os gastos necesarios para implantar no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) o servizo de Hemodinámica as 24 horas, que hoxe funciona só en horario de oficina, de 8.00 a 15.00 horas.

O secretario xeral dos socialistas galegos e Presidente da Deputación lucense, José Ramón Gómez Besteiro, espera que, “esta vez si”, o Presidente da Xunta e o Partido Popular “recapaciten, e, xa que eles non queren facelo, polo menos acepten o ofrecemento doutra institución que si está disposta a garantir a igualdade de dereitos sanitarios. Os veciños da provincia de Lugo non merecen esta gravísima discriminación que levan soportando durante tanto tempo”. “Dende logo, acabáronse as escusas de mal pagador”, subliñou.

Besteiro explicou que Feijóo “lles nega de xeito sistemático e inexplicable aos lucenses este servizo sanitario, a pesar do forte clamor social que provoca, de feito deu lugar á Iniciativa Lexislativa Popular con máis apoios da historia do Parlamento, con máis de 41.000 firmas; a pesar de que a mortalidade por infarto na provincia duplica a media nacional, a pesar de que non supón un custe elevado e a pesar de que van en contra do criterio dos mellores expertos en Cardioloxía”.

Os lucenses, sen resposta
Ante as reiteradas negativas do Goberno galego e do Partido Popular en xeral, “que non alcanzamos a entender, a non ser que haxa cuestións que descoñecemos”, afirmou Besteiro, a Deputación aprobou no Pleno de marzo unha moción do grupo provincial socialista na que lle ofrece á Presidencia da Xunta financiar a posta en marcha do servizo de Hemodinámica 24 horas. Gómez Besteiro enviou unha carta a Feijóo para informalo do acordo plenario, e aínda espera resposta, ao igual que o Alcalde de Lugo.

O PSdeG dá agora un paso máis nas súas constantes reivindicacións dun servizo de Hemodinámica as 24 horas en Lugo levando ao Parlamento unha Proposición non de Lei na que esixen a Feijóo que acepte o ofrecemento da Deputación lucense, pois, “ante a inacción da Xunta, esta oferta é unha boa maneira de ter o servizo de Hemodinámica as 24 horas que solicitan, tanto os veciños e veciñas, como os expertos en Cardioloxía”. Recalcan ademais que a Xunta, “se non quere implantalo, non debería impedir que outras institucións axuden a facelo”.

En Lugo, o dobre de mortes por infarto
Neste momento, co servizo de Hemodinámica de 8.00 a 15.00 horas, só un terzo dos enfermos de infarto da provincia de Lugo reciben tratamento no HULA, polo que dous de cada tres teñen que ser desprazados e non reciben a asistencia necesaria dentro dos 120 minutos que aconsellan todos os cardiólogos. A provincia rexistra 76 mortes por infarto por cada 100.000 habitantes, o dobre que a media estatal, segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística (INE).

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar