O PSdeG esixe a dimisión do conselleiro de Educación para garantirlle “tranquilidade” ao ensino público galego

O PSdeG esixe a dimisión do conselleiro de Educación para garantirlle “tranquilidade” ao ensino público galego

O PSdeG esixe a dimisión do conselleiro de Educación para garantirlle “tranquilidade” ao ensino público galego

Vicente Docasar censura a “insensatez, chapuza e chulería” demostrada por un conselleiro que “cruzou tódalas liñas vermellas” no desmantelamento do ensino

Sinala que a sentenza que anula as axudas aos centros que segregan por sexo súmase á anulación do concurso de traslados, o desmantelamento do sector editorial ou ás mentiras na destrución de prazas de profesorado

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, reclamou hoxe a dimisión do conselleiro de Educación como única posibilidade de garantirlle “tranquilidade” ao ensino público galego. Así o dixo logo da sentenza do Tribunal Supremo declarando ilegais as axudas a centros educativos que segregan por sexo e que da a razón ás advertencias dos socialistas nos últimos anos.

Docasar reclamoulle ao presidente da Xunta que continúe na Consellería de Educación coas substitucións no seu equipo de goberno “logo de facer dimitir ao conselleiro de Infraestruturas para envialo ao Concello de Santiago”. Esa será a única maneira, explicou, de impoñer a normalidade no ensino público galego, dada a espiral de “insensatez, chapuza e chulería” que ten acadado baixo a xestión de Jesús Vázquez.

Criticou que o conselleiro e o presidente da Xunta “non escoitaran nin aos socialistas, nin aos sindicatos, nin aos profesores nin ás familias” e nin sequera ás sentenzas dos Tribunais de Xustiza en contra destas axudas e “tiraran para adiante”. Sinalou que agora “teñen que escoitar aos xuíces” que dende o Tribunal Supremo veñen de declarar estas subvencións como ilegais.

Docasar censurou que a Xunta teña entregado un total de 3 millóns de euros cada curso aos centros privados “vencellados ao Opus Dei” que segregan aos alumnos por sexos por unha mera “cuestión ideolóxica”. Lamentou que este diñeiro “puidera terse dedicado a loitar contra a pobreza infantil, a subvencionar libros de texto, financiar prácticas de FP ou impulsar bolsas públicas estudos”.

En contra, o goberno galego decidiu a sabendas –en contra da sentenza do TSXG- continuar con estas axudas concedidas “de maneira ilegal”. Salientou que agora enfróntanse tamén á inminente sentenza do Tribunal Constitucional logo do recurso imposto polo PSOE contra a LOMCE por, entre outras cousas, permitir as axudas públicas aos centros que segregan por sexo.

Altar de soberbia

O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que “baixe do seu altar de soberbia” e escoiten aos diferentes colectivos que integran a comunidade educativa galega , e explicou que a sentenza coñecida onte vén poñer o colofón a un rosario de chapuzas e improvisacións do Conselleiro de Educación.

Así, lembrou que a semana pasada os tribunais tamén anularon parcialmente o concurso de traslados da Consellería que afecta a 9.000 profesores en toda Galicia, impedindo que os profesores e profesoras do ensino público galego poidan disfrutar das súas merecidas vacacións e teñan que estar pendentes da resolución deste lamentable conflito, engadiu Vicente Docasar.

Co mesmo talante, criticou, decidiron conceder o concurso de contidos e plataforma de libro electrónico, impedindo de “facto” a libre concorrencia, prexudicando ás familias, ferindo ao sector editorial e vulnerando a liberdade de cátedra do profesorado.

Lembrou tamén que a semana pasada foi o Ministerio de Administracións Públicas o que revelou que Feijóo eliminou 4.000 profesores no ensino público galego a pesares dos intentos do Goberno galego por agochar o dato. Dixo que “nunca puidemos obter ese dato preciso ”, a pesares de telo pedido reiteradamente no últimos meses a través das vías regulamentarias establecidas no Parlamento de Galicia.

Demostraron así que “non dixeron a verdade”, unha verdade que, engadiu, “agora temos que coñecer pola vía das autoridades do goberno central por notas publicadas en prensa nos últimos días. Francamente, non se pode ser máis insensatos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar