O PSdeG esixe a dimisión conselleira de Traballo e Benestar polo gravísimo deterioro da dependencia en Galicia

O PSdeG esixe a dimisión conselleira de Traballo e Benestar polo gravísimo deterioro da dependencia en Galicia

O PSdeG esixe a dimisión conselleira de Traballo e Benestar polo gravísimo deterioro da dependencia en Galicia

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG Beatriz Sestayo esixiu a dimisión, ou que sexa destituída, a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, pola súa incapacidade política e polo gravísimo deterioro para xestionar a dependencia en Galicia. Dixo que a nosa Comunidade ten cifras históricas de desatención a dependentes, e aseverou que hai esperando por unha prestación 41.250 dependentes. Advirte que se atopan nunha situación de vulnerabilidade absoluta, e denuncia a desatención e despreocupación da Xunta. Por iso asegura que a inacción do Goberno de Feijoo “é intolerable”.

En rolda de prensa, anunciou que rexistrou diversas iniciativas para reclamar a comparecencia da Conselleira de Traballo e Benestar pola “non aplicación da Lei da Dependencia en Galicia”, e dúas interpelacións nas que reclama datos e informes sobre a súa xestión.

Dixo que Galicia é a Comunidade con mais casos de grandes dependentes “abandonados de toda España”. Replica que “as promesas incumpridas de Feijoo dan como resultado o caos no que nos atopamos”.

A deputada explica que Galicia esta á cabeceira das libranzas vencelladas oa servicio. Argumenta que existen moitas familias que teñen concedida unha praza nun Centro de Día privado, pero advirte que o 80% de esas familias debido aos atrasos da Xunta en pagar estes servicios, teñen que deixar as residencias porque non teñen as axudas correspondentes da Administración Autonómica. E insistiu “ esto é un incumprimento fragrante da Lei”. E lembra que hai un montón de residencias publicas sen abrir. En resumen a xestión da Xunta “é que non hai libranza, nin prestación, nin axuda a domicilio”, espetou.

Asevera que a Conselleira Beatriz Mato “boicotea a Lei da Dependencia para destruír os servicios públicos- sociais”. Sinala que hai “cargos da propia Consellería que admiten en privado este caos”, e puxo como exemplo que en Ferrol “poden atoparse expedientes tirados no chan, porque hai orde expresa de non tramitalos”.

Lei de Familia

Dixo que a única solución que aporta a Xunta a todo este asunto é o Anteproxecto da Lei de Familia, e asegurou que Feijoo impulsa unha normativa “regresiva, que pretende que a muller sexa tratada como no franquismo, para que se queden na casa”. Advirte que o Goberno de Feijóo diminúe servizos públicos aos que menos teñen, e mentres o PP “aposta pola privatización e negocio para os amigos”, espetou.

Aludiu tamén á destrucción de emprego público no sector da dependencia, e afirmou que a metade de lexislatura reduciuse un 50% os traballadores de políticas sociais vinculados ás subvencións da Xunta. E resumiu “estamos en grave perigo de destrucción de tódolos servizos públicos por parte do Goberno presidido por Feijoo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar