O PSdeG esixe a demisión do secretario xeral de Emigración por repartir cheques en Cuba en campaña electoral

O PSdeG esixe a demisión do secretario xeral de Emigración por repartir cheques en Cuba en campaña electoral

O PSdeG esixe a demisión do secretario xeral de Emigración por repartir cheques en Cuba en campaña electoral

A portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira reclamou o cese inmediato do Secretario Xeral de Emigración, Santiago Camba, por repartir en plena campaña electoral cheques asistenciais a emigrantes en Cuba. Soneira puntualiza que non esta en contra das axudas, senón que critica o modus operandi do Goberno Feijoo.

A deputada socialista pídelle a Feijoo que aplique a mesma responsabilidade que reclamaba na pasada lexislatura.

Ademais critica que o Goberno de Feijoo negouse a debater hoxe este asunto no Parlamento. Xa que lembra que segundo consta no Orde do Día da Comisión 1ª do Parlamento, no apartado de Preguntas en Comisión (nº 71514) , a Xunta reclamou o aprazamento aludindo que o Secretario Xeral tiña problemas de axenda. Neste punto Soneira lembra que o Director Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Roberto Castro xa compareceu na Cámara para respostar, en nome do Goberno, por outros asuntos e ben podería facelo neste caso.

Así as cousas a parlamentaria socialista acusa ao Goberno de Feijoo “de negarse a debater no Parlamento e de fuxir das súas responsabilidades”, e aseverou que Roberto Castro “non quere asumir a defensa desta falcatruada do Goberno Feijoo”.

Soneira dixo que hai moitas diferencias entre o Goberno de Feijoo e o anterior, xa que, replica, “no pasado houbo dimisións por repartir axudas dunha Fundación que se financiaba con fondos privados”. A deputada advirte que “hoxe, cando as subvencións que se reparten son da Xunta, Feijoo mira para outro lado, o que dá unha idea da solidez dos principios políticos do Presidente”. Por todo isto reclamou responsabilidades á Feijoo “o máximo responsable deste asunto é o Secretario Xeral de Emigración, despois o Conselleiro de Presidencia e tamén o propio Feijoo”. E resumiu “alguén ten que asumir responsabilidades desta falcatruada”.

Reparto de 1.5 millóns
Na iniciativa parlamentaria a deputada relata que o secretario xeral de Emigración viaxou a Cuba o pasado 26 de setembro para anunciar o reparto de 1.5 millóns de euros en axudas individuais aos galegos alí residentes. Critica que “o reparto fíxose longo e ancho da illa”.

A portavoz de Emigración subliña “que esta mostra de “solidariedade”, parécese moito a unha compra de vontades en plena campaña electoral, feita con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma en beneficio dunha formación política, nun momento en que os cidadáns galegos residentes en Cuba reciben, ó mesmo tempo, un cheque da Xunta de Galicia e a documentación para votar”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar