O PSdeG esixe “a comparecencia urxente” do conselleiro de Educación e denuncia que os centros “aínda non cobraron nin un só euro este curso” para o servizo de comedor

O PSdeG esixe “a comparecencia urxente” do conselleiro de Educación e denuncia que os centros “aínda non cobraron nin un só euro este curso” para o servizo de comedor

O PSdeG esixe “a comparecencia urxente” do conselleiro de Educación e denuncia que os centros “aínda non cobraron nin un só euro este curso” para o servizo de comedor

DocasarOs socialistas galegos denunciaron hoxe no Parlamento que os centros educativos aínda non recibiron este curso académico “nin un só euro” para afrontar o pago do servizo de comedor escolar. “Esiximos a comparecencia urxente do conselleiro Jesús Vázquez para explicar esta situación”, manifestou Vicente Docasar.
Nunha rolda de prensa, o portavoz de Educación do PSdeG lembrou que “o servizo de comedor escolar é un dos servizos complementarios esenciais, xuntamente co de transporte escolar, para garantir o acceso en igualdade de oportunidades á educación”.
Este servizo, prestado directamente pola consellería ou por medio de empresas externas en 431 centros, ten un orzamento previsto para 2015 de 29 millóns de euros e as familias galegas veñen “contribuíndo” dende a entrada en vigor do último decreto de comedores, posto en marcha polo PP en 2013, con “sete millóns de euros en copagos” por curso escolar.
“Un trimestre está a punto de finalizar e podo dicirlles que a día de hoxe os centros educativos non recibiron nin un só euro para afrontar o pago deste servizo; son por tanto os provedores, ou os pequenos aforros que poidan ter os centros de remanente, os que están facendo posible que os estudantes poidan comer nas nosas escolas e institutos”, afirmou Docasar.
O deputado socialista advertiu de que “son tamén nalgúns casos os propios responsables dos centros os que están a poñer cartos dos seus propios petos para afrontar determinados pagos a provedores”. “Todo contrasta coa propaganda oficial do goberno de Feijóo, que non para de dicir que somos unha comunidade autónoma solvente, eficiente e que paga con prontitude”, engadiu.
“En condicións normais, estas circunstancias terían sido denunciadas hai tempo, pero os responsables dos centros prefiren por motivos obvios gardar silencio”, apuntou Docasar, que rematou esixindo “a Feijóo e a Vázquez que dean as instrucións oportunas para que de maneira inmediata os centros educativos galegos reciban as cantidades que lles deben”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar