O PSdeG esixe “a comparecencia urxente de Feijóo para dar explicacións sobre a marcha de oito bloques do flotel de Pemex a Porto Real”

Navantia-FerrolA deputada socialista Beatriz Sestayo demandou hoxe no Parlamento “a comparecencia urxente de Feijóo para dar explicacións sobre a marcha de oito bloques do flotel de Pemex desde Ferrol a Porto Real”.

“O grupo parlamentario socialista acaba de rexistrar unha petición de comparecencia urxente do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para que explique esta marcha dos oito bloques do flotel a Porto Real”, afirmou Sestayo

A deputada socialista reclámalle a Feijóo “a mesma celeridade que tivo cando presentou en 2012 o flotel, chegando a interromper a programación da televisión pública galega para o anuncio”.

“Onte tamén preguntamos no Parlamento ao director do Igape sobre si se vai privatizar Astano, porque os socialistas consideramos que todo forma parte dunha trama para precarizar a empresa pública e culpala de posibles retrasos, como paso previo dunha privatización”.

“Que asuma responsabilidades, que non se agoche, o conselleiro de Industria dixo onte no pleno do Parlamento que o pírrico e demorado flotel era grazas a Feijóo, polo que ten que dar explicacións urxentes”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar