O PSdeG esixe a celebración dunha xunta de portavoces urxente e censura a deriva antidemocrática do Feijóo

O PSdeG esixe a celebración dunha xunta de portavoces urxente e censura a deriva antidemocrática do Feijóo

O PSdeG esixe a celebración dunha xunta de portavoces urxente e censura a deriva antidemocrática do Feijóo

O portavoz, José Luis Méndez, pediu a suspensión do pleno para avaliar a situación creada pola protesta do Cerco

A negativa do PP levou aos socialistas a continuar no hemiciclo sen intervir

Os mariñeiros están pechados en sede parlamentaria e os antidisturbios actuaron na rúa contra a protesta cidadán ante a Cámara de representación. Isto non é Ucrania, nin Ceuta, replicou o portavoz socialista aos populares.

Censurou que ninguén do Goberno tivera un minuto para recibir aos mariñeiros do Cerco e criticou ao vicepresidente Santalices por querer dar carta de normalidade á situación, con un parlamento sitiado polos antidisturbios

O portavoz socialista, José Luís Méndez Romeu, reivindicou que este país “non é Ucraína, nin Ceuta”, e solicitou a inmediata reunión da Xunta de Portavoces do Parlamento para avaliar a situación creada pola protesta do Cerco.

Salientou Méndez que o parlamento atópase sitiado polos antidisturbios e téñense producido enfrontamentos na rúa. Ao tempo unha delegación dos mariñeiros “atópanse en sede parlamentaria á espera de ser recibidos e sen que un só membro do Goberno, desde o seu presidente á conselleira, tiveran un minuto para recibilos”.

Recriminou ó vicepresidente da cámara a súa intención de dar carta de normalidade ao pleno que se reanudou á tarde coa ausencia de varios grupos e anunciou que o seu grupo permanecerá no pleno sen facer uso da palabra para a defensa das súas iniciativas por respecto aos acontecementos que se están a producir fóra e dentro do hemiciclo.

Censurou aos populares que tentaran deixar para o final do pleno a reunión da Xunta de Portavoces e denunciou a deriva antidemocrática do Goberno de Feijóo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar