O PSdeG emprenderá accións xudiciais para que se investigue o soplo de Negreira a Escribano

O PSdeG emprenderá accións xudiciais para que se investigue o soplo de Negreira a Escribano

O PSdeG emprenderá accións xudiciais para que se investigue o soplo de Negreira a Escribano

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, deu hoxe instruccións aos servizos xurídicos do PSdeG, a fin de iniciar as accións xudiciais pertinentes tras coñecer o presunto soplo de Negreira a Escribano para advertirlle de que estaba a ser investigado no marco da Operación Arena.

García alude así á información publicada hoxe por El País en relación a este caso de corrupción, e que apunta a un presunto chivatazo do actual alcalde da Coruña e presidente do PP nesta provincia, Carlos Negreira, ao ex deputado do PP, Javier Escribano, para advertirlle de que estaba a ser investigado e negociar a súa dimisión como deputado do Parlamento Autonómico.

O secretario de Organización do PSdeG fai finacapé na gravidade de ambos feitos: por unha banda, a filtración da investigación, e por outra a advertencia de Negreira a Escribano cando a investigación aínda estaba baixo secreto de sumario.

García sinala así que ante a gravidade destes feitos, e tras consultar cos servizos xurídicos, o PSdeG iniciará accións legais presentando senllos escritos ante o Ministerio Fiscal e o Xulgado de garda, a fin de que abran unha investigación sobre os mesmos.

Os socialistas galegos reclaman así que se esclareza, por unha parte quen é a persoa responsable desta presunta filtración a Negreira; e por outra aclarar se Carlos Negreira puido incorrer nun presunto delito de encubrimento ao avisar a Escribano desta investigación.

García incidiu no “chamativo que resulta que, con poucas semanas de diferencia, se producise a dimisión de dous deputados do PP pola súa presunta relación con tramas de corrupción. Lembrou así a dimisión de Pablo Cobián pola Operación Campeón, e Javier Escribano pola Operación Arena, ambos deputados pola provincia da Coruña e estreitamente vinculados ao presidente do PP na provincia e actual alcalde, Carlos Negreira.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar