O PSdeG empraza a Xunta a que faga cumprir a lei coa venda de Mexillón de Galicia

O PSdeG empraza a Xunta a que faga cumprir a lei coa venda de Mexillón de Galicia

O PSdeG empraza a Xunta a que faga cumprir a lei coa venda de Mexillón de Galicia

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu na Comisión 8º do Parlamento para interpelar á Xunta sobre as denuncias realizadas polo Consello Regulador do Mexillón respecto do envasado por unha empresa conserveira de mexillón foráneo como de Galicia. Afirma que en día pode constatarse que hai fraude e emprazou a Xunta a que faga cumprir a Lei.

Soneira congratulouse de que as actuacións xudiciais que están en marcha non acorten a investigación que iniciou a propia Consellería do Mar.

Sobre as criticas da Xunta sobre a “criminalización” deste tema asegura que “esto ten nome e apelidos e chamase fraude”. E aludiu a información do xornal “La Opinión de A Coruña”, onde se recollen unhas declaracións nas que a Conserveira de Rianxo recoñece que a presencia de mexillón foráneo nas súas conservas, e publicitado como galego. E insistiu “que as dúas entidades chegaran a un acordo non quere dicir que non houbese delicto”.

As amizades perigosas da Conselleira do Mar

Na citada Comisión Soneira tamén interveu para reclamar explicacións sobre a subvención concedida a Confraría de Cambados para a adquisición da embarcaciónTragove, trala denuncia realizada polo Grupo Parlamentario Socialista nesta mesma comisión, e na que se constata que había irregularidades nesta embarcación.

No debate da pregunta o director Xeral reclamou explicacións a Soneira sobre as súas declaracións nas que asegura que a Conselleira do Mar ten amistades peligrosas. A deputada socialista dixo que as “amizades perigosas son aquelas nas que se constata que entre mais de 8.000 embarcacións rexistradas na Ría de Arousa teñen o telefono persoal de determinados clanes para sacar a pasear ao Señor Mariano Rajoy, e quen fai eso é que asina esta subvención, esas son as amizades perigosas”, sentenciou.

E insistiu “hai amizades polas que non debería apostar o Partido Popular, aínda que sexan amiguiños da alma”. Denunciou que estes amiguiños “despois acaban constituíndo empresas ad hoc , e no concurso eólico acaban conseguindo 18 megavatios, por exemplo”.

E preguntoulle ao Director Xeral si a Xunta revisou o equipamento desta embarcación. Dixo que esta asunto “pinta moi mal, e agora non poden alegar descoñecemento”. E reclamou que se cotexe, mediante un taxador independente,o precio de mercado desta embarcación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar