O PSdeG elevará unha queixa á Presidencia do Parlamento polo “intolerable trato vexatorio” contra Sonia Verdes no Facebook

O PSdeG elevará unha queixa á Presidencia do Parlamento polo “intolerable trato vexatorio” contra Sonia Verdes no Facebook

O PSdeG elevará unha queixa á Presidencia do Parlamento polo “intolerable trato vexatorio” contra Sonia Verdes no Facebook

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentará unha queixa formal á presidencia do Parlamento de Galicia polo “intolerable trato vexatorio” amosado a través do Facebook pola presidenta da Comisión de Agricultura, Emma Álvarez Chao, contra a portavoz de Agricultura do PSdeG-PSOE, Sonia Verdes, mentres “debera estar exercendo como presidenta”.

O Grupo Socialista lamenta o “nulo respecto democrático por quen pensa distinto” amosado pola presidenta da Comisión, que “non dubida en amosar uns preocupantes tics autoritarios que levaron ao PP a actuacións ilegais e tan pouco democráticas como a amosada na súa campaña contra o sindicato Unións Agrarias”.

Os socialistas sinalan que esta actitude “pon en cuestión a capacidade da deputada do PP para exercer este cargo con seriedade, imparcialidade e o rigor que esta alta responsabilidade merece”. Lembran que “non é a primeira vez que vimos de observar esta actitude polos presidentes de Comisión do PP” e reclama á Presidencia que “aínda que sexa difícil, deben recordar que este cargo está por riba das siglas políticas do PP”.

O Grupo Socialista lamenta o ton amosado por Álvarez Chao, quen sinalou que estaba “aguantando” a unha deputada que considera “insultante e maleducada” cando esta se atopaba no debate dunha iniciativa parlamentaria mentres a presidenta da Comisión considera que “parece máis que estea no mercado que no Parlamento”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar