O PSdeG e as XSG apoiaron á Plataforma polo Dereito ao Aborto na entrega de centos de peticións de amparo ao Valedor pola reforma da Lei

O PSdeG e as XSG apoiaron á Plataforma polo Dereito ao Aborto na entrega de centos de peticións de amparo ao Valedor pola reforma da Lei

O PSdeG e as XSG apoiaron á Plataforma polo Dereito ao Aborto na entrega de centos de peticións de amparo ao Valedor pola reforma da Lei

A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, a Secretaria de Igualdade da Executiva socialista, Eva Martínez, a parlamentaria Carmen Acuña, e a deputada Paloma Rodríguez, xunto a Aitor Bouza, secretario de XSG, e Laura Requejo, secretaria de Igualdade da formación xuvenil encabezaron a delegación socialista en apoio da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto que entregou este sábado no Parlamento galego centos de recursos para pedir amparo ao Valedor do Pobo para protexer os "dereitos democráticos inherentes" á condición da muller e pedirlle un informe dirixido á Xunta no que esixa a retirada da reforma da lei do aborto impulsada polo Partido Popular.

A sinaturas chegaron a colapsar administrativamente o rexistro xa que se presentaron unha a unha, e sobrepasaba o centenar as persoas que se concentraron ante o Parlamento onde corearon berros como 'Somos mulleres, non incubadoras' ou 'Menos rosarios, máis bólas chinesas', xunto a peticións de dimisión do ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón. Todo iso, tras unha pancarta na que se podía ler 'Aborto libre e gratuíto. Ás mulleres decidimos!'.

No texto das solicitudes entregadas no Parlamento pídese ao valedor, José Julio Fernández, que emita o informe correspondente para que o Goberno da Xunta esixa "a retirada urxente" do anteproxecto da Lei de Protección da Vida do Concibido e os Dereitos da Embarazada, de forma que "interpoña recurso de inconstitucionalidade por afectar e vulnerar" dereitos da muller.

En concreto, a solicitude denuncia que a lei do aborto impulsada polo ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, "afecta fundamentalmente ao principio de igualdade e non discriminación do artigo 14 da vixente Constitución Española".
Tamén recolle referencias aos acordos da Conferencia de Nacións Unidas de Dereitos Humanos de 1993 en Viena na que se vela polos dereitos reprodutivos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar