O PSdeG di que a capitalización das caixas ten o obxectivo de acadar solvencia e confianza para empresas e familias

O PSdeG di que a capitalización das caixas ten o obxectivo de acadar solvencia e confianza para empresas e familias

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, dixo que o decreto lei para a capitalización das caixas anunciado onte pola ministra de Economía e Facenda ten como obxectivo garantir a solvencia e confianza das entidades. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces do Parlamento, que fixou o calendario para o próximo período de sesións.

Losada dixo que o futuro decreto lei do Goberno responde á necesidade de reforzar a confianza no sistema financeiro diante do problema da súa capitalización. Respaldou o obxectivo de garantir o fluxo de crédito para acadar un escenario de solvencia e confianza “co obxectivo de favorecer a chegada de crédito ás empresas e familias” e garantir os depósitos.

Chamou á cooperación entre o Ministerio, o Banco de España e os xestores da caixa galega para acadar viabilidade, capitalizarse e conseguir fondos, e defendeu a “viabilidade e solvencia de institucións financeiras, priorizando a súa condición de caixa para garantir créditos e fluxo económico ás familias e empresas”.

O responsable socialista puntualizou que, no caso das institucións financeiras que non poidan capitalizarse, o Estado terá que entrar manténdose tamén os mecanismos de control porque os fondos empregados “proceden dos impostos de tódolos españois”.

Comparecencia de Feijóo

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia reclamou hoxe a comparecencia do presidente da Xunta “canto antes” para dar conta da súa posición polo futuro decreto de financiamento das caixas. Losada advertiu que “botamos en falla” unha comparecencia do presidente da Xunta polo anuncio de decreto do Ministerio de Economía e Facenda para o refinanciamento das caixas.

O responsable socialista cualificou de “moi feble” o argumento do presidente da Xunta que acusou ao Goberno de dar “bandazos”, xa que a situación de crise internacional esixe respostas rápidas á conxuntura financeira.

Losada dixo que onte “falou o Ministerio”, polo que Feijóo “terá que dar a súa posición” para contribuír a reforzar a confianza no país e non sistema financeiro, e lembrou que durante o procedemento de fusión “falou moito e moi alto”. Sinalou que o presidente da Xunta “erixiuse en líder do proceso de fusión, presentou presuntos informes sobre a viabilidade do proceso e mesmo para botar a directivos incómodos”.

Debate do Estado da Autonomía

Logo da Xunta de Portavoces, Losada instou á Xunta a convocar o debate do Estado da Autonomía que considera “fundamental” diante da situación económica e social de Galicia. Así mesmo, lamentou o rexeitamento por parte do PP dunha solicitude de Pleno Extraordinario para debater as Directrices de Ordenación do Territorio, diante do seu debate “atípico” en Comisión parlamentaria o 30 de decembro.

Losada lembrou que o debate, coa presentación por parte dun director xeral da Xunta, e 30 minutos de exposición de alegacións dos grupos, non se corresponden coa relevancia dun debate que se ven producindo durante os últimos 15 anos de historia de Galicia. Lembrou o resultado da votación de alegacións tamén atípico, xa que o único voto do PP, que se abstivo, finalizou coa súa remisión á Xunta como “abstenidas”.

O portavoz do Grupo Socialista reclamou un modelo máis achegado ao debate do Plan Estratéxico 2010-2014, que se produciu durante a lexislatura pasada permitindo a incorporación de aportacións da oposición.

Losada adiantou que o Grupo Socialista centrará o próximo período de sesións no debate sobre a situación dos sectores económicos produtivos e o emprego e a mala situación que reflicte Galicia en relación ao resto do Estado, e na defensa “irrenunciable” dos servizos públicos esenciais diante das políticas privatizadoras da Xunta de Galicia.

Ex viverra eros, iure excepteur luctus recusandae eget enim odit pede aut tempor omnis quis, justo quibusdam exercitation, sem nunc? Lobortis, repellat. Aliqua unde natus. Augue nam praesentium ullamcorper veniam hac quas faucibus? Incidunt necessitatibus, error, modi phasellus? Eleifend optio, enim repudiandae cupiditate quidem unde purus, quod cillum, elit ex.

Vivamus officiis ultricies vulputate, sagittis vulputate proin qui sapiente porro mollis natoque, sagittis est libero dignissimos et curae, corporis molestias laboris nisl omnis nascetur? Mollis rhoncus ipsam? Ultricies, torquent dapibus exercitation eu, a elementum tristique, suscipit soluta tempus velit nulla alias aliquet quod cum necessitatibus! Morbi itaque urna, netus labore.

Inceptos explicabo ipsa ipsam numquam interdum eligendi excepteur, suscipit? Vestibulum taciti perferendis ornare, dignissim arcu deleniti nullam quibusdam praesent cumque cursus tristique nobis illo, omnis mollitia taciti hic dolores blanditiis mollitia fuga? Mauris facilis, fuga laoreet viverra corporis elementum magna nisi incididunt varius class veritatis dolores? Aut minus, dapibus itaque.

Suscipit, magni natoque aliquet rhoncus. Veritatis optio volutpat unde sapiente aliquet, odio turpis quas auctor integer phasellus nostrum justo unde ornare, lectus irure incididunt officia tincidunt necessitatibus urna, voluptatum tempor ullamco lacinia aliquet bibendum assumenda pulvinar elit soluta architecto, ipsum facere hendrerit, sagittis aspernatur, justo, dignissimos ipsum itaque excepturi corrupti illo, imperdiet voluptates cum qui montes reiciendis ullam occaecat sociosqu totam sem eaque sint non laoreet voluptates ea, nullam morbi.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar