O PSdeG destaca a figura de Ceferino Díaz por “crer no futuro de Galicia” na entrega da medalla a título póstumo

O PSdeG destaca a figura de Ceferino Díaz por “crer no futuro de Galicia” na entrega da medalla a título póstumo

O PSdeG destaca a figura de Ceferino Díaz por “crer no futuro de Galicia” na entrega da medalla a título póstumo

O secretario xeral, Gómez Besteiro, lembra a Ceferino en nome do partido como “unha peza clave para o maior autogoberno do país” no Estatuto do 81 no día da entrega da Medalla de Galicia no Parlamento, á que acudiron decenas de representantes orgánicos e institucionais para acompañar a familiares e amigos do histórico socialista

Acto Medalla de Galicia a Ceferino DíazDecenas de representantes orgánicos e institucionais do presente e do pasado do PSdeG, xunto con membros e militantes do partido, acudiron esta tarde ao Parlamento ao acto de entrega da Medalla de Galicia para acompañar a familiares e amigos do histórico socialista. O secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, destaca en nome do partido a súa figura por “crer na política e no futuro de Galicia” e “dar un exemplo de entrega” coa máxima de “recordar o positivo do pasado e poñer pasos para un futuro mellor”.

Gómez Besteiro resalta asimesmo que Ceferino foi “unha peza clave para o maior autogoberno de Galicia” á hora de negociar o Estatuto do 81. O socialista ensalza a súa “talla intelectual” e o seu “traballo e amor pola terra”, ademais de “aunar do mellor xeito posible e demostrar a compatibilidade entre socialismo, galeguismo e país”. O líder dos socialistas galegos resalta que os seus consellos e ideas para o proxecto do PSdeG, que aportou ata o Comité do partido que se celebrou en novembro de 2012 en Compostela, “quedarán sempre marcados na folla de ruta do socialismo galego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar