O PSdeG denunciará o "desacato" do Goberno galego ao auto do TC que paraliza o catálogo de medicamentos

O PSdeG denunciará o "desacato" do Goberno galego ao auto do TC que paraliza o catálogo de medicamentos

O PSdeG denunciará o "desacato" do Goberno galego ao auto do TC que paraliza o catálogo de medicamentos

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, anunciou que todos os candidatos e candidatas socialistas esixirán, como primeira acción política tras o 22-M, que o Goberno galego cumpra o auto do Tribunal Constitucional que lle devolve aos galegos e galegas o dereito a ter os mesmos medicamentos que ao resto de España.

Nun almorzo informativo cos medios de comunicación de Pontevedra xunto ao candidato á alcaldía desta cidade, Antón Louro, Vázquez denunciou que “o Goberno galego, Feijóo e a conselleira de Sanidade están a incumprir de facto o auto do TC, impedindo que os galegos e galegas teñamos os mesmos dereitos farmacéuticos que o resto de comunidades”.

O líder socialista explicou que o mecanismo utilizado pola Xunta é a receita electrónica, xa que o Sergas limita o número de fármacos a prescribir neste sistema. Isto supón que os médicos non poden receitar os 427 medicamentos excluídos do catálogo a través da receita electrónica, e tampouco o poden facer na de papel, xa que o Sergas penaliza aos médicos por estas receitas.

Así, denunciou que mediante este sistema o Goberno galego “está a privar a miles de galegos e galegas dun dereito, ademais de incumprir o auto do TC e sen ningún tipo de aforro”. Por elo, avanzou que a primeira acción dos candidatos e candidatas socialistas tras os comicios será esixir á Xunta que inclúa estes medicamentos no sistema de receita electrónica e subsane así “este desacato”.

Advertiu que, se o Goberno galego non o fai, “dirixirémonos ao Goberno central, a través da Delegación do Goberno, a Fiscalía e ao propio TC”.

Defensa dos dereitos
“Quero desenmascarar publicamente á Consellería de Sanidade, xa que o recorte de gasto farmacéutico se produce principalmente pola orde do 1 de marzo do Ministerio, que diminuíu o custo dos medicamentos, non por o catálogo da Xunta”, sinalou.

“Non hai un aforro económico substantivo, incúmprese un auto do Constitucional, engánase á Xustiza e recortanse os dereitos dos galegos e galegas, e todo elo ten nome e apelidos: PP, Farjas e Feijóo”, denunciou.

Incidiu en que “os candidatos e candidatas socialistas vanse converter nos defensores dos dereitos sanitarios dos galegos e das galegas” e subliñou que esta “é a maior reivindicación que nos están a facer en todos os actos electorais, xa que este tema ten consternada á poboación”.

Por elo, avanzou que “que imos a seguir denunciando o abandono sistemático das políticas sociais e nos comprometemos á defender á ultranza as política sociais e os dereitos sanitarios dos cidadáns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar