O PSdeG denuncian o “uso partidista” da fusión das caixas por parte de Feijóo

O PSdeG denuncian o “uso partidista” da fusión das caixas por parte de Feijóo

O PSdeG denuncian o “uso partidista” da fusión das caixas por parte de Feijóo

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, considera “inexplicable” que o presidente da Xunta “siga insistindo na confrontación” co Goberno central polas caixas cando “o fundamental é xerar puntos de acordo e confianza”. Nunha rolda de prensa, denunciou o “uso partidista” do proceso por parte de Núñez Feijóo.

Advertiu que “mentres Feijóo confronta co Goberno permitirse non dar explicacións das súas actuacións” e reclamou que explique “en qué datos se baseou para poñerse a medalla da fusión”. Así, lembrou ao presidente da Xunta que “cando unha das entidades dicía que eran necesarios 2.000 millóns de euros a Xunta pagou un informe a KPMG polo que eran suficientes 1.190, e está claro que non o eran”.

O responsable socialista dixo neste sentido que “a información que comprou a Xunta para xustificar a súa liña de acción política premeditada non foi suficiente para salvar a fusión”. Reclamou así que o presidente da Xunta comece a “xerar confianza e buscar puntos de apoio”, xa que a súa estratexia de enfrontamento “non resolve a busca de capital” para salvar á entidade, aínda que “si que agocha falsidades e axendas ocultas”.

Losada sinalou que “non vale envolverse na defensa de Galicia” e confrontar con Zapatero polas caixas cando “debe exercer de galego e defender o AVE diante de Cospedal”. Respondeu así ás declaracións da secretaria xeral do PP na que criticou a Blanco por manter o AVE a Galicia pola súa condición de galego.

Limar o Estado do Benestar

O portavoz socialista presentou as liñas principais que manterá o PSdeG-PSOE no debate do Estado da Autonomía que comeza mañá, no que acusarán ao presidente da Xunta de “limar o Estado do Benestar para mellorar as contas de resultados das empresas”. Dixo que os cidadáns “son cada vez menos iguais” polo empeoramento da calidade da democracia e “viven peor hoxe que hai dous anos, cando chegou Feijóo á Xunta”.

Criticou que o PP non fora quen de establecer unha estratexia para dinamizar a economía, optando pola “parálise como axente dinamizador” mentres a economía desacelérase e Galicia é a autonomía co maior incremento do desemprego en 2010. Sinalou que os galegos teñen hoxe as condicións de vida máis complicadas, con 60.000 familias sen ingresos, 20.000 máis que hai dous anos.

Losada reclama o uso da totalidade das competencias de Galicia en materia de emprego, así como un Plan de Dinamización da Economía que dinamice “dende a oferta”, e incidindo no aumento da competitividade, investindo en innovación e capital físico. Criticou que o PP estableceu unha dinámica de “apagalumes” baseado en “rodas de prensa e power – points” sen resultados reais.

Criticou o “recorte drástico de prestacións e dereitos sociais” coa sanidade, educación e os servizos sociais en xeral “sufrindo un ataque claro e premeditado” polo cuestionamento do Estado do Benestar dende o PP. Os socialistas galegos reclamarán a “defensa a ultranza dos servizos públicos” en contra do sistema de financiamento público – privado para os ámbitos públicos “esenciais” porque é “máis caro e ineficiente”.

O responsable socialista lamentou o empeoramento claro da calidade da vida democrática polos “tics autocráticos” do PP, que “utiliza os recursos institucionais contra os sindicatos e a oposición” e promove un “trato discriminatorio flagrante contra o conxunto dos cidadáns”, como no tocante á transparencia e na vulneración da igualdade nas oposicións de acceso á función pública.

Losada reclamou un control máis exhaustivo das oposicións porque “tódolos galegos e galegas teñen que ser iguais nos procesos selectivos tamén da Xunta e da Deputación de Ourense”, así como un trato representativo dos partidos políticos nos medios públicos de comunicación.

Salientou o “engano” do discurso de “facer mais con menos” porque “con un pouco menos fan moito menos” e “mentres falan de reducir impostos para beneficiar a uns poucos, pola porta de atrás incrementan as taxas –na Lei de Augas ou co copago- prexudicando á gran maioría”.

Conducir ebrio

Losada dixo que “a pesares de manifestarse cos bispos ao PP non lle vai o de predicar co exemplo”, en alusión ao concelleiro deste partido en Santiago de Compostela, Ángel Espadas, que o sábado foi sorprendido ebrio parado nun semáforo mentres durmía no coche. Lembrou a campaña deste concelleiro en contra do botellón para criticar a “dobre linguaxe hipócrita da dereita como co divorcio, a interrupción voluntaria do embarazo ou os sepulcros blanqueados”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar