O PSdeG denuncia o “desprezo” de Feijóo e o goberno galego á conmemoración do día da Constitución

O PSdeG denuncia o “desprezo” de Feijóo e o goberno galego á conmemoración do día da Constitución

O PSdeG denuncia o “desprezo” de Feijóo e o goberno galego á conmemoración do día da Constitución

Méndez Romeu sinala que por primeira vez en 35 anos o goberno galego non está representado no acto polo presidente nin ningún conselleiro, dento da súa “liña de desprezos sistemáticos aos valores constitucionais”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou hoxe o “desprezo” amosado por Feijóo e o goberno galego á conmemoración do Día da Constitución, ao que non asistiu nin o presidente nin ningún membro do goberno galego por primeira vez na historia da autonomía. Dixo que este desplante enmárcase dentro da liña de “desprezos sistemáticos aos valores constitucionais”.

Méndez Romeu sinalou que o goberno galego vén de plasmar nun acto oficial e solemne, celebrado hoxe na Delegación do Goberno, o seu “desprezo á conmemoración da Constitución Española”. Lembrou que este é o acto mais importante celebrado na Comunidade Autónoma e ao que “ata hoxe nunca faltou o goberno de Galicia nin ningunha institución relevante”.

Engadiu que o feito de que “nin o presidente, nin o vicepresidente nin os conselleiros se dignaran a comparecer hoxe inscríbese na liña de desprezos sistemáticos aos valores sociais e democráticos plasmados na Constitución” por parte de Feijóo e do seu goberno.

Sinalou así o “ataque sistemático ao Parlamento como Cámara de representación encargada do control e do impulso da labor do Executivo”, así como “desprezo ao cumprimento da normativa plasmada no Regulamento do Parlamento que obriga á Xunta a facilitar a información que requiren os parlamentarios”, ou o “amparo a condutas presuntamente corruptas dende o seu partido sen dar conta diante da Cámara autonómica”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar