O PSdeG denuncia que o desleixo da Xunta nas competicións non federadas pon en risco a participantes e espectadores

O PSdeG denuncia que o desleixo da Xunta nas competicións non federadas pon en risco a participantes e espectadores

O PSdeG denuncia que o desleixo da Xunta nas competicións non federadas pon en risco a participantes e espectadores

Carmen Acuña critica que o goberno galego impulse o deporte non federado mesmo en actividades de risco mentres desmantela as federacións galegas

A portavoz de Deportes do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou hoxe o desleixo da Xunta por ter sen desenvolver a regulación de eventos deportivos. Acuña presentou unha pregunta na Comisión Institucional do Parlamento, na que advertiu que a desregulación, nomeadamente con relación ás competicións non federadas, “pon en risco a participantes e espectadores”.

A deputada socialista criticou que o goberno galego desmantele as federacións deportivas galegas recortándolles axudas públicas, impedindo a recadación ao impulsar a licenza única a nivel nacional mentres ofrece “apoio incondicional” ao deporte non federado mesmo en actividades de risco. Advertiu que o desinterese da secretaría xeral do Deporte, responsable destas actividades, pode provocar “tráxicas consecuencias”.

Lembrou así a labor fundamental das federacións deportivas á hora de defender o desenvolvemento do deporte de base garantindo a celebración de competicións “con seguridade” e garantías para os participantes e os aficionados. Lamentou que a Xunta “perdeu a oportunidade de facer unha Lei do Deporte de Galicia que regulara o deporte completamente”.

Enduro

Acuña preguntou en concreto pola celebración, no mes de abril, dun campionato de enduro non federado na localidade pontevedresa de Tui, con en torno a 300 pilotos cunha cota de inscrición de 55 euros. Advertiu que “a día de hoxe descoñecemos que cubría a póliza de inscrición” nesta competición organizada por un parente dunha concelleira do goberno municipal.

Explicou que, dado que o circuíto incluía tramos que transcorrían por estradas públicas, un control da Garda Civil impuxo un total de 47 sancións entre os participantes por circular sen carné, sen matrícula, sen ITV ou por non dispor de seguro médico para a súa actividade.

Ademais, posteriormente constatouse que o circuíto era ilegal, tal e como ditaminou o tribunal do contencioso – administrativo logo dunha denuncia imposta polos propietarios dos terreos polos que transcorría a competición.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar