O PSdeG denuncia que Baltar ten feito da Deputación de Ourense “un xoguete” mentres cada día 8 ourensáns foron ao paro en outubro

O PSdeG denuncia que Baltar ten feito da Deputación de Ourense “un xoguete” mentres cada día 8 ourensáns foron ao paro en outubro

O PSdeG denuncia que Baltar ten feito da Deputación de Ourense “un xoguete” mentres cada día 8 ourensáns foron ao paro en outubro

O PSdeG denuncia que Baltar ten feito da Deputación de Ourense “un xoguete” mentres cada día 8 ourensáns foron ao paro en outubro

Raúl Fernández censura que o presidente do organismo manteña a 350 traballadores que son cargos do PP ou familiares directos deles e continúe coas “mañas” do seu pai nas contratacións

Blatar no Parlamento de GaliciaO deputado socialista Raúl Fernández criticou hoxe que Baltar ten convertido a Deputación de Ourense nun “xoguete” para repartir axudas de xeito discrecional mentres non fai nada para evitar que 8 ourensáns se foran ao paro cada día do pasado mes de outubro. Así o dixo na comparecencia do presidente da Deputación na Comisión de Orzamentos do Parlamento.

Fernández criticou a “prepotencia” do presidente da Deputación logo de ter recibido a presidencia do órgano “como herdanza política do baltarismo”, e advertiu que as “operacións cosméticas” non agochan a mala xestión. Así, criticou uns orzamentos continuistas, persoal selectivo, liquidación de patrimonio a prezo de saldo, organismos ineficaces, falla de transparencia, xestión “tenebrosa” de fondos europeos.

O responsable socialista engadiu que as iniciativas do órgano, como é o caso do “Plan Ourense 92” da Deputación, constitúe unha nova “fantasía e engano” que “sucede ao Plan Estratéxico 2010, o circuíto do motor, á fábrica de patacas, á planta de BMW ou á de baterías para vehículos eléctricos”.

Acusouno de “xogar” co organismo e reprochoulle que os veciños de Robledo e San Vicente, no concello de Vilamartín de Valdeorras, levan días illados pola “incapacidade da Deputación Provincial”, que mantén a súa estrada coa sinalización de prohibido o paso dende fai 15 anos. Criticou que “mentres, foi quén de promover unha ponte que non leva a ningures cun custe de 2 millóns de euros”.

Mentres, sinalou, o organismo anuncia un incremento do seu orzamento “sen desvelar a súa orixe”, e presenta unha suposta concesión de axudas en concorrencia competitiva para entidades sociais, deportiva e culturais mentres mantén as axudas discrecionais e clientelares na concesión de obras e actuacións de concellos.

Dixo que a realidade dos orzamentos para o ano 2014 é que a Deputación de Ourense é a que mais gasta en persoal e gastos correntes, a que mantén mais débeda viva e a que menos inviste en orzamentos dos catro organismos provinciais.

350 cargos do PP

Raúl Fernández sinalou que o organismo mantén hoxe en día a en torno a 350 traballadores que en realidade son cargos orgánicos e institucionais do PP ou familiares directos, ademais de 104 contratos presuntamente irregulares denunciados polos socialistas diante da fiscalía por ser asinados para comprar os votos a Baltar no Congreso provincial do PP de Ourense “no que Baltar fillo sucedeu a Baltar pai”.

O deputado socialista criticou que mentres presumen de diminuír o gasto en persoal, a realidade é que a baixada é de 164.000 euros dunha partida global de 27,65 millóns, entre os que permanecen contratadas 76 persoas percibindo entre 50.000 e 60.000 euros ao ano cada unha delas.

Fernández sinalou que a política de persoal de Baltar Blanco inclúe o “expediente de despido colectivo para 15 mileuristas mentres contrata a catro persoas como persoal de confianza”, que custan tanto como os 15 botados á rúa.

Dixo que a realidade do ente pasa pola “privatización ruinosa” do centro ecuestre de Vilamarín e o hipódromo de Antela”, mentres “titubea co Inorde, desfaise da ruina de Urbaourense e premia ao seu xerente e presume de transparencia mentres varios programas europeos están sendo investigados pola oficina de loita contra a fraude da UE”.

Denunciou que Baltar fai da Deputación un organismo “inútil e inservible para os cidadáns” mentres permanece “desaparecido cando pechan escolas, cando despiden médicos, retiran transporte público, cando arde o noso patrimonio ou cando emigran os mozos e mozas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar