O PSdeG denuncia que as viaxes de Feijóo fóra de Galicia son “estériles” e “pouco proveitosas”

O PSdeG denuncia que as viaxes de Feijóo fóra de Galicia son “estériles” e “pouco proveitosas”

O PSdeG denuncia que as viaxes de Feijóo fóra de Galicia son “estériles” e “pouco proveitosas”

O portavoz da área institucional do Grupo Socialista José Manuel Lage, interveu na Comisión 1ª do Parlamento, para interpelar á Xunta sobre a actividade institucional do Presidente da Xunta fóra de Galicia durante o mes de xaneiro de 2011.

Alí recordou que “no mes de xaneiro deste ano o Presidente da Xunta só tivo axenda publica dentro da Comunidade en 9 xornadas, menos dun tercio dos días que ten o mes” e asegurou que “Feijóo pasa máis tempo fóra de Galicia que na nosa Comunidade, como se puido comprobar no mes de xaneiro”.

Lage tamén explicou que xa a comezos da lexislatura no ano 2009, concretamente nos primeiro meses de mandato, o Presidente da Xunta pasouse o 20% do tempo fóra de Galicia, ata en 18 ocasións en menos de 90 días.

O deputado socialista lembrou que nestas viaxes fóra de Galicia primou máis a actividade partidaria sobre a institucional.

Por todo isto o parlamentario socialista quere coñecer os resultados das visitas do Presidente da Xunta fóra de Galicia, “cantas empresas se instalaron en Galicia pola xestións do Presidente Feijoo, ou que acordos institucionais ten suposto un mellor posicionamento estratéxico para a nosa Comunidade, e que acordos se alcanzaron nestes viaxes?”,estas foron algunhas das preguntas plantexadas na Comisión por Lage Tuñas.

Lage Tuñas dixo que as viaxes de Feijóo fóra de Galicia son “estériles” e “pouco proveitosas para o noso país”.E replicou ademais que estas visitas “son estériles” para a economía da nosa Comunidade.

O “tertuliano Feijóo” e o “presidente Feijóo”

O portavoz de area institucional di que os cidadáns galegos deben coñecer a xestión do seu Goberno, e acusou a Feijóo de estar mais pendente da confrontación e de buscar responsables externos da súa nefasta xestión.

Sobre a productividade do Consello da Xunta advirte que a actividade “é mais ben escasa”. Afirma que a maioría dos acordos están baleiros de contido e limítanse a aprobar informes, que Lage cualificou como “bla, bla, bla”, e acusou a Núñez Feijóo de ser “incapaz de tomar decisións” e de ser “incapaz de exercer como Presidente da Xunta”.

“Están renunciando ao autogoberno -dixo- e a tomar decisións facendo uso das competencias que ten como Presidente da Xunta”.

Lage Tuñas denuncia que o máximo mandatario autonómico “é un Presidente ausente,“ao señor presidente gústalle máis o seu papel de “tertuliano Feijóo” que o de “presidente Feijóo”, adica máis tempo fóra de Galicia á súa actividade partidista que á súa tarefa institucional”.

4 Consellerías non aprobaron nin un so proxecto de Lei

O deputado socialista fixo tamén un resume da situación na que atopa o goberno presidido polo Sr. Núñez Feijoo e denunciou “a baixa productividade” na toma de decisións do executivo, escasa formulación de proxectos lexislativos e escasa aprobación de decretos.

Lage Tuñas dixo tamén que as consellerías de Cultura e Turismo, Traballo e Benestar, Educación e Ordenación Universitaria e Medio Rural non aprobaron entre 2009 e 2010 nin un so proxecto de Lei.

Ademais sinala que a Consellería de Sanidade que conta cun 1/3 dos orzamentos da Comunidade aprobou un só proxecto lexislativo no que vai de lexislatura.

“Feijóo ten o triste récord, xa que se aprobaron máis Informes que Decretos e proxectos lexislativos xuntos”, espetou. Coas cifras na man di que ata o 31 de xaneiro de 2011 a Xunta aprobou 279 informes e insistiu “este é o bla, bla, bla de Feijoo”. Con estes argumentos subliña que o Presidente da Xunta e o seu Goberno“esta a outra cousa, pero non se adican a gobernar Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar