O PSdeG denuncia que as promesas de Feijóo e do PP co naval de Ferrol “quedaron en nada”

O PSdeG denuncia que as promesas de Feijóo e do PP co naval de Ferrol “quedaron en nada”

O PSdeG denuncia que as promesas de Feijóo e do PP co naval de Ferrol “quedaron en nada”

Beatriz Sestayo lamenta a negativa do PP a unha proposta socialista para a construción do dique flotante, o centro de reparacións, os floteis, os gaseiros, remolcadores e quimiqueiros que prometeu o presidente da Xunta

A deputada socialista Beatriz Sestayo denunciou que as promesas de Feijóo e o PP co naval de Ferrol “quedaron en nada, absolutamente en nada”. Así o dixo logo de que o PP rexeitara no Parlamento unha proposta socialista para que a Xunta cumpra cos seus compromisos de construción dun dique flotante, o centro de reparacións, os floteis, gaseiros, remolcadores e quimiqueiros comprometidos por Feijóo.

A deputada ferrolá criticou que, logo de presentarse como garante para o naval de Ferrol, o presidente da Xunta abocara á cidade ao 32 por cento de desemprego e a quedar sen carga de traballo para os estaleiros en menos de un mes. Dixo que os anuncios do presidente da Xunta “nun compromiso e un contrato con Galicia que duraron o mesmo que as papeletas nas urnas”.

Instou ao PP e a Feijóo a “ir a Ferrol a escoitar aos traballadores do naval e a toda a cidade, que onte se manifestaron polas rúas da cidade para pedir as dimisións de Feijóo e do alcalde da cidade”.

Sestayo advirte que o naval ferrolá “nunca viviu unha situación tan dramática” como dende a chegada de Feijóo á Xunta de Galicia, si ben a empresa pública Navantia “ten mais directivos que nunca”. Esta situación, explicou, coincide cun Plan Estratéxico da empresa que contempla unha redución de custes de entre o 20 e o 50 por cento malia que inclúe os gaseiros xa perdidos e non inclúe os floteis nin o dique flotante.

Floteis

Sestayo advertiu que as declaracións do ministro de Industria, anunciando que Pemex podería encargarlle a Galicia “parte dun flotel” en lugar dos dous comprometidos por Feijóo evidencia “unha nova cortiña de fume”. Explicou que si de acordo cos anuncios do presidente galego hoxe tiñan que estar os contratos pechados, “todo os galegos sabemos que temos que participar nun concurso ao que aspiran 14 empresas”.

A esta situación únese a marcha a Corea da construción dos catro gaseiros de Repsol que Feijóo comprometera para Galicia, co anuncio de que “non se presentou sequera unha oferta en condicións para Navantia” que, lembrou, é “unha empresa pública que depende o goberno de Rajoy”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar