O PSdeG denuncia que a Xunta retirou o seguro deportivo de fútbol para máis de 31.000 rapaces federados de 6 a 16 anos

O PSdeG denuncia que a Xunta retirou o seguro deportivo de fútbol para máis de 31.000 rapaces federados de 6 a 16 anos

O PSdeG denuncia que a Xunta retirou o seguro deportivo de fútbol para máis de 31.000 rapaces federados de 6 a 16 anos

Carmen Acuña reclámalle ao goberno que recupere a aplicación do programa Xogade para calquera modalidade deportiva

futbol infantilA portavoz de Deportes do Grupo Socialista, Carmen Acuña, vén de denunciar a retirada do seguro deportivo para os mais de 31.000 rapaces de 6 a 16 anos federados en fútbol. A deputada socialista presentou unha batería de iniciativas para reclamarlle ao goberno que recupere a aplicación do programa Xogade para tódolos rapaces de 6 a 16 anos.

Acuña denuncia a exclusión dos rapaces e rapazas federados en fútbol pola alta siniestralidade desta práctica a través dunha decisión “sen previo aviso durante a pasada fin de semana”. Este feito obrigou á federación a asumir a póliza dos nenos e nenas durante a fin de semana para non ter que suspender os partidos previstos previamente.

A solución que pretende a Xunta e ademais unha vez que xa ten empezado o ano deportivo é que o resto das modalidades van incluídas nun paquete único negociado pola Secretaría directamente cas aseguradoras. Mentres, que a federación de fútbol recibiría 10 euros por cada menor federado, para que negociaran eles directamente coas aseguradoras.

Esta medida sen dubida xera diferenzas entre os pequenos e as pequenas deportistas que resultan difíciles de entender. Non se pode castigar aos menores porque a modalidade escollida teña mais ou menos siniestrabilidade, senón que se compensaría con outras que case non teñen lesións.

Os socialistas reclamáronlle ao goberno galego que recupere a aplicación do programa Xogade “financiándolle o seguro deportivo a todos os deportistas federados de 6 a 16 anos, independentemente da modalidade que practiquen”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar