O PSdeG denuncia que a TVG emite mensaxes “de parte” en contra do aborto “favorecendo ao PP mentres silencian o que pode desfavorecer”

O PSdeG denuncia que a TVG emite mensaxes “de parte” en contra do aborto “favorecendo ao PP mentres silencian o que pode desfavorecer”

O PSdeG denuncia que a TVG emite mensaxes “de parte” en contra do aborto “favorecendo ao PP mentres silencian o que pode desfavorecer”

Carmen Acuña sinalan que o ente público obvia as discrepancias contra a reforma da Lei do Aborto mesmo dentro do propio PP

María Quintas acusa á CRTVG de incumprir a lexislación que obriga á integración das persoas con discapacidade

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, advertiu hoxe que a TVG está a emitir mensaxes “de parte” en contra do aborto e a favor da reforma da Lei co único obxectivo de “favorecer ao PP e silenciar todo o que poida desfavorecer”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión sobre o uso do ente público para ofrecer mensaxes parciais neste debate.

A responsable socialista acusou á TVG de “falar pero non con imparcialidade” chegando a silenciar propósito as mensaxes contrarias á reforma da Lei do Aborto. Explicou que a nova norma impulsada por Mariano Rajoy supón suprimir un texto semellante aos países mais desenvolvidos do noso entorno para “anular a capacidade de decidir e a responsabilidade das mulleres para satisfacción de Rouco Varela”.

Acuña criticou a facilidade amosada pola TVG para emitir mensaxes procedentes da Rede Madre “utilizando os informativos para divulgar informes de parte, elaborados por esa organización” e que presentan dubidoso rigor. Así, lembrou que o ente público ten asegurado que o maior nivel formativo supón menor índice de abortos, ou que España é o país onde mais medraron as interrupcións de embarazo.

Pola contra, obviaron que a web do ministerio de Sanidade secuestrou os datos positivos sobre a incidencia da Lei de 2010 sobre a redución do número de abortos, e tampouco reflectiron que estes diminuíron un 11,7 por cento en Galicia.

Criticou que mentres emiten facilmente mensaxes a favor da reforma agochan as manifestacións en contra da reforma da Lei do aborto e as opinións discrepantes mesmo procedentes do propio PP. Así, a TVG omitiu as enquisas elaboradas polos medios de comunicación sinalando que 7 de cada dez galegos estaban en contra da reforma, ou os votos en contra de membros do PP nos concellos de Vigo, San Sadurniño ou Pontevedra.

Tampouco interesaron á TVG as opinións en contra dos presidentes de Valencia ou de Estremadura, as discrepancias de Cifuentes, do representante de Novas Xeracións no Parlamento de Galicia ou mesmo da ministra portavoz de Francia advertindo do retroceso que supón a norma. Engadiu que a rolda de prensa dos socialistas para criticar que Feijoó apoiara en Galicia a reforma foi oportunamente silenciada.

Acuña criticou que o telexornal informara o xuízo contra un médico que asasinaba aos bebés sobrevivintes dos abortos en embarazos a termo “suxerida por un redactor xefe e extraída dun portal ultraconservador”. Denunciou a parcialidade do informativo cando a realidade é que en España, grazas á lei de prazos, “cando se practican abortos aínda non hai bebés”.

Discapacidade

Por outra banda, a portavoz socialista na Comisión da CRTVG, María Quintas, advertiu que a TVG “non fai nin fixo esforzos suficientes para que o colectivo de persoas con discapacidade se sinta integrado”, mesmo incumprindo a lexislación estatal e comunitaria. Quintas presentou unha pregunta oral sobre a falla de subtitulados e tradución simultánea de linguaxe de signos para xordos ou de audiodescricións para persoas cegas.

Lamentou que o ente galego mesmo non chegue aos mínimos ratios establecidos por unha normativa “insuficiente, discriminadora e non integradora” e reclamou que “fagan os esforzos necesarios para garantir o acceso deste colectivo aos medios de comunicación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar