O PSdeG denuncia o veto do PP a tratar a nova Lei do Aborto na Comisión de Igualdade

O PSdeG denuncia o veto do PP a tratar a nova Lei do Aborto na Comisión de Igualdade

O PSdeG denuncia o veto do PP a tratar a nova Lei do Aborto na Comisión de Igualdade

Carmen acuña sinala que “non hai na historia unha agresión maior ao conseguido en igualdade” que dita Lei, que cualifica de “violencia institucional”

Critica que mentres Feijóo “supostamente cuestiona” a Lei do aborto o PP veta o debate na Comisión da Igualdade e dos Dereitos das Mulleres

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Igualdade, Carmen Acuña, denunciou hoxe o “veto” do PP a introducir a nova Lei contra o Aborto na Comisión de Igualdade do Parlamento, que hoxe aprobou as normas de funcionamento. Acuña lamentou que o órgano se limite a analizar a violencia contra as mulleres, “por suposto que interesante, necesario e oportuno” pero insuficiente.

A responsable socialista admitiu ter “dificultades para non abandonar esta Comisión que empeza con trampa e inútil” logo de constatar que o PP “négase a falar do que lle preocupa á sociedade”, e que ademais as conclusións non serán debatidas no Pleno. Subliñou que “non ten sentido que mentres a maioría das mulleres e a sociedade falan e se preocupan por este tema se crea unha Comisión que non o trata”.

Considera que a Lei contra o aborto supón un exemplo de “violencia institucional” por non considerar á muller capaz de decidir por ela mesma, cando “nos anulan o dereito a decidir sobre a maternidade e tamén o dereito como persoas a ter responsabilidade”. Engadiu que “non hai na historia unha agresión maior ao conseguido en igualdade que este proxecto de Lei”.

Lavarlle a cara a Feijóo

Advertiu que a intención é “lavarlle a cara a Feijóo”, na súa campaña de imaxe ao supostamente enfrontarse á Lei contra o Aborto cando a realidade é que en Galicia votou contra a proposta para pedirlle ao goberno que agardara a ter a sentenza do Tribunal Constitucional logo do recurso presentado polo PP fronte á lei de 2010.

Acuña sinalou ademais o “contrasentido” do PP ao apostar no debate po acadar acordos e o éxito da Comisión “pero só do que vostedes queren falar” e preguntou “que vai pasar cando toque falar das agresións sexuais ás mulleres que sofren a violencia de xénero”.

Acusou ao PP de limitar os asuntos a tratar á aplicación da Lei de Igualdade cando se trata dunha Comisión de estudo “para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres”, polo que esixiu analizar a aplicación das políticas de igualdade, as leis contra a violencia de xénero e tamén “outras leis fundamentais” como a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva ou a Lei de Igualdade no Traballo.

Explicou que o colectivo de mulleres Ve-la Luz, “entenden que o enfoque debe ser mais global, que había un motivo para centrarse na violencia contra as mulleres pero que agora tamén hai un motivo fundamental para abrir o campo e analizar a Lei contra o Aborto”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar