O PSdeG denuncia o veto do PP á comparecencia de Feijóo para dar conta da viaxe a Cuba e para explicar a situación do mercado laboral

O PSdeG denuncia o veto do PP á comparecencia de Feijóo para dar conta da viaxe a Cuba e para explicar a situación do mercado laboral

O PSdeG denuncia o veto do PP á comparecencia de Feijóo para dar conta da viaxe a Cuba e para explicar a situación do mercado laboral

Méndez Romeu lamenta que mentres Feijóo estuda reducir a democracia suprimindo deputados, permite que a Deputación de A Coruña contrate altos cargos en contra da legalidade

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou hoxe o novo veto da maioría do PP á solicitude de comparecencia presentada polos socialistas para que Feijóo dea conta na Cámara dos resultados da súa recente viaxe a Cuba. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces, que se reuniu para fixar a orde do próximo Pleno do Parlamento.

O responsable socialista sinalou que, mais alá da entrevista co arcebispo “e outras persoas importantes” os galegos e galegas non saben “nada” sobre os supostos resultados desta viaxe relacionados coas necesidades do país, o impulso dos sectores económicos ou o desenvolvemento dos valores democráticos na illa caribeña.

Lamentou ademais o silencio de Feijóo cara á disidencia cubana logo de amosar “voz alta e esixencia máxima” dende a oposición, o que non impediu que na viaxe da semana pasada “non tivera un só minuto para ser consecuente” e atender ás solicitudes de encontros coa oposición ao réxime.

Méndez Romeu lembrou que o goberno de Feijóo leva xa cinco anos sen admitir as comparecencias solicitadas polos socialistas galegos, nos que “foi imposible coñecer a posición do presidente para impulsar a política laboral e a creación de emprego en Galicia”. Advertiu que as negativas do PP evidencian “os asuntos dos que o goberno galego non quere falar” e xa suman mais rexeitamentos que solicitudes admitidas.

Explicou que o PP tamén rexeitou habilitar o mes de xaneiro para celebrar plenos ordinarios e reactivar as comisións de investigación sobre as caixas e de estudo sobre a corrupción política, así como para avanzar no debate das proposicións de Lei pendentes. Lamentou que en lugar de poñer en marcha unha actividade “cuasi – normal”, o PP se limite a que xaneiro sirva para “aprobar o plan de traballo de algunhas comisións”.

Deputación A Coruña

O responsable socialista advertiu que o goberno galego “tampouco quere dar conta das medidas sobre o funcionamento da administración” autonómica. Dixo que “mentres Feijóo analiza cómo reducir a democracia en Galicia –reducindo o número de deputados- permítese o que acontece na Deputación de A Coruña, coa contratación de altos cargos cun salario estupendo en contra da legalidade”.

Os socialistas galegos, explicou, presentarán unha proposición non de Lei no próximo Pleno do Parlamento para que a Xunta cumpra coa Lei e faga entrega da documentación solicitada polos deputados da oposición, tal e como obriga o Regulamento do Parlamento.

Méndez Romeu explicou que centrará a sesión de control ao presidente en facer balance dun ano de goberno de Feijóo. Ademais, o próximo Pleno incorporará unha moción socialista en contra da aplicación do repago na sanidade pública e para que a Xunta explique o adiamento das facturas de farmacia, e preguntarán pola situación do Hospital de Ourense, coa súa ampliación paralizada e a supresión do servizo de cirurxía pediátrica.

O próximo Pleno incluirá tamén dúas interpelacións do Grupo Socialista sobre a situación de Sogama e a obriga da Xunta de devolver partidas de fondos comunitarios a Bruxelas polos seus incumprimentos. Tamén incluirá unha proposición non de Lei sobre a sentenza do Prestige e unha pregunta oral sobre as actuacións da Xunta diante da presunta prevaricación no concello de Palas de Rei.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar