O PSdeG denuncia o oscurantismo “da Xunta e de Sogama” e considera “económica e medioambientalmente insostible” o modelo de xestión de residuos en Galicia

O PSdeG denuncia o oscurantismo “da Xunta e de Sogama” e considera “económica e medioambientalmente insostible” o modelo de xestión de residuos en Galicia

O PSdeG denuncia o oscurantismo “da Xunta e de Sogama” e considera “económica e medioambientalmente insostible” o modelo de xestión de residuos en Galicia

“O plan de viabilidade da auditora de Sogama advirte que será necesaria unha nova suba do canon”, asegura José Luis Méndez Romeu

O portavoz do PSdeG na Cámara demanda “unha solución pactada cos concellos” e lamenta “a irrelevancia da Xunta diante do Goberno”

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Luis Méndez Romeu, manifestou hoxe no pleno da Cámara galega que o modelo de Sogama “é insostible económica e medioambientalmente”, á marxe de lamentar a “irrelevancia da Xunta diante de Goberno central” para defender os intereses de Galicia.

Na resposta a unha intervención do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, o portavoz socialista recriminoulle que falara de “algarabía” ao referirse as protestas dos alcaldes pola suba “abusiva e unilateral” do 34% no canon de Sogama. “Excedeuse, os representantes dos concellos tiveron un comportamento responsable e teñen dereito a reclamar e defender aos seus veciños”, afirmou Méndez Romeu.

O deputado do PSdeG criticou a “reforma eléctrica á medida do lobby das grandes eléctricas do Goberno de Rajoy, o que supón un desprezo ás renovables e prexudica claramente a Galicia”, facendo referencia ademais ao Real Decreto 413/2014, publicado hoxe no BOE, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables.

“O plan de viabilidade da auditora de Sogama xa advirte que será necesaria unha nova suba do canon”, apuntou Méndez Romeu, “o que demostra que temos un Goberno da Xunta silencioso” ante as medidas do Executivo central.

O portavoz socialista no Parlamento fixo referencia á Directiva Europea que demanda a potenciación do reciclaxe e a compostaxe, “mentres aquí soterramos 300.000 toneladas anuais”. “O custo deste modelo o pagan e o seguirán pagando as familias e os concellos”, dixo.

“Sogama gravita maioritariamente sobre as cotas que pagan os concellos, teñen que dialogar cos alcaldes e buscar solucións; posiblemente fixeron alegacións ao novo marco eléctrico do Goberno de Rajoy, pero serían de forma oscurantista porque non tiveron resultado ningún”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar