O PSdeG denuncia o "expolio" do Castelo de Monterrei para construír un hotel privado que "cheira a pelotazo"

O PSdeG denuncia o "expolio" do Castelo de Monterrei para construír un hotel privado que "cheira a pelotazo"

O PSdeG denuncia o "expolio" do Castelo de Monterrei para construír un hotel privado que "cheira a pelotazo"

Raúl Fernández sinala que a Xunta “manipula os datos e pretende enganar” sobre o destino da acrópole mais importante de Galicia

O deputado socialista Raúl Fernández denunciou hoxe o “expolio” do Castelo de Monterrei para construír un hotel privado nunha operación que “cheira a intereses particulares, cheira a pelotazo”. Na sesión de control ao goberno, o deputado ourensán reprochoulle ao conselleiro de Vicepresidencia que “manipula os datos e pretende enganar” sobre o destino do inmoble.

Fernández advertiu que o goberno galego quere converter a acrópole mais importante de Galicia, declarado Monumento Nacional e Ben de Interese Cultural, nun hotel privado vulnerando as condicións de cesión do castelo e o recinto amurallado. Dixo que, segundo os plans da Xunta, destinarase a uso privado o 88 por cento do recinto, limitando o uso público a tan só o 12 por cento.

Lembrou que o destino definido deste recinto histórico é o de “centro de divulgación, innovación e promoción da moda, o viño e as augas mediciñais da comarca, restauración e musealización dos edificios e arquivo das tradicións da fronteira e pobos próximos”. Esixiulle ao goberno galego que demostre “agallas” e “vaia á comarca de Monterrei a debater as bondades do seu proxecto coas forzas sociais”.

Vender un referente

Na súa opinión, o goberno “está a vender o referente dun pobo e dos seus antergos” e sinala que o desvío do uso deste inmoble histórico “quizás radica nunha desmadrada tarde dun carnavalesco día de comadres no que o presidente da Xunta, sobrepasando tódolos límites do entroido, decidiu abandonar o incómodo e decadente reinado das rías para aspirar a se converter nun novo conde de Monterrei”.

Subliñou que, lonxe da súa privatización, o castelo “precisa dun marco de intervención que garanta a súa conservación como recurso cultural e turístico” que faga honor a “un dos bens culturais mais importantes de Galicia” e parte fundamental polo tanto do catálogo de monumentos desta Comunidade Autónoma.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar