O PSdeG denuncia no Parlamento a privatización do 065

O PSdeG denuncia no Parlamento a privatización do 065

O PSdeG denuncia no Parlamento a privatización do 065

Carmen Gallego acusa ao goberno galego de “aforrar a costa dos petos da cidadanía”, que terá que afrontar os custes do servizo

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe ao goberno galego de “aforrar a costa dos petos da cidadanía” ao privatizar o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal 065. Nunha pregunta oral na Comisión de Sanidade, dixo que a Xunta “traslada a outros os seus problemas”.

Explicou que a partires de agora serán as organizacións da discapacidade as que teñan que prestar o servizo e polo tanto están “obrigadas a suplir o que é obriga da Xunta. Acusou á conselleira de Traballo e Benestar de “mentir” ao negar a desaparición do servizo, cando “desaparece como servizo público”, e sinala que “minte como mentiu cando dixo que se mantería sen copago”.

Gallego advertiu así que o borrador de decreto que regula o servizo de mobilidade e a normativa que regula este servizo “deixan ben claro que o servizo do 065 externalízase, eufemisticamente, e incluso poderá subcontratarse”. Deste xeito, explicou a deputada socialista, a prestación do servizo “non dependerá xa da necesidade, senón da dispoñibilidade orzamentaria”.

Prezo

A responsable socialista sinalou que o goberno ten establecido un prezo de 9 euros a financiar entre a Xunta e o usuario, impoñendo un copago mínimo de 32 euros por usuario e mes, co que para unha persoa que percibe o Iprem o pago será de 45 euros ao mes, e os mileuristas terán que abonar 103 euros ao mes.

Acusou ademais á Xunta de “desviar o problema” ás organizacións de discapacidade, que teñen que afrontar o servizo malia contan con infraestruturas dispares. Dixo que “o goberno galego ten a desfachatez de poñer ás organizacións a pelexar entre eles polos agravios comparativos que se dan entre as organizacións que xa tiñan servizo de transporte propio e as que non.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar