O PSdeG denuncia ante a Xunta Electoral o reparto de cheques asistenciais en Cuba e esixe responsabilidades ao PP

O PSdeG denuncia ante a Xunta Electoral o reparto de cheques asistenciais en Cuba e esixe responsabilidades ao PP

O PSdeG denuncia ante a Xunta Electoral o reparto de cheques asistenciais en Cuba e esixe responsabilidades ao PP

O PSdeG ven de denunciar ante a Xunta Electoral Provincial da Coruña o reparto de cheques asistenciais en Cuba por parte da Secretaría de Emigración do Goberno galego, en campaña electoral.

No escrito presentado ante a Xunta Electoral, o PSdeG faise eco das informacións recollidas en varios xornais sobre o reparto en plena campaña de axudas a emigrantes sen recursos en Cuba, por parte do secretario de Emigración, Santiago Camba.

O PSdeG sinala neste recurso que a entrega dos cheques asistenciais coincidindo coa campaña electoral está prohibida polo artigo 50 da LOREG, en relación cos artigos primeiro, segundo e cuarto da instrucción 2/2011.

“Tal conducta, consistente na entrega de diñeiro aos cidadáns españois residentes en dito país, está única e exclusivamente orientada a influír no sentido do voto dos electores residentes en Cuba” sinala o PSdeG. “Ademáis, supón unha infracción dos principios de transparencia, obxectividade e igualdade que debe garantir a administración electoral, segundo o artigo primeiro da citada instrucción da JEC”.

Os socialistas apuntan que esta conducta pode ser constitutiva de delicto electoral, tipificado no artigo 146.1 a) da LOREG, que establece penas de prisión e economícas para aqueles que por medio de recompensa, remuneracións ou promesas das mesmas soliciten directa ou indirectamente o voto dalgún elector ou o induzan a abstención; e que os funcionarios públicos que usen as súas competencias para os fins sinalados neste artigo incorrerán nestas penas e na inhabilitación especial para cargo público de un a tres anos.

O PSdeG solicita por elo que se requira a Xunta, á secretaria Xeral de Emigración e ao PP para que “de xeito inmediato procedan a cesar na actividade de distribución de cheques asistenciais aos cidadáns españois residentes en Cuba, por tratarse dunha campaña institucional tendente a influír na orientación do voto dos electores”.

Instan tamén á Xunta Electoral a que lles requira para que se absteñan de levar a cabo este tipo de conductas no futuro, e se pide expresamente que se deduza testemuña das presentes actuacións e se lles de traslado ao Ministerio Fistal e ao Xulgado de Guarda competente a fin de depurar responsabilidades.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar