O PSdeG denuncia a neglixencia e incapacidade dos gobernos do PP para abordar as políticas relacionadas co VIH

O PSdeG denuncia a neglixencia e incapacidade dos gobernos do PP para abordar as políticas relacionadas co VIH

O PSdeG denuncia a neglixencia e incapacidade dos gobernos do PP para abordar as políticas relacionadas co VIH

Critican a Feijóo que reducira un 55% as achegas para a loita contra a SIDA, o que provocou o peche dos comités en moitas cidades. Censuran que desapareceran da axenda do Goberno as campañas de prevención

A ausencia de políticas públicas en materia de VIH contrasta coa rapidez do PP en poñer en marcha o copago de medicamentos, as trabas para a dispensación de antiretrovirais na farmacia hospitalaria ou as restricións para o acceso a medicamentos contra a hepatite C de última xeración

O PSdeG, elaborou un manifesto e celebrará xunto con asociacións contra a SIDA unha festa conmemorativa do día mundial contra a SIDA

En paralelo ao manifesto, os socialistas presentaron iniciativas no Parlamento de Galicia recollendo as súas reivindicacións

O PSdeG-PSOE súmase un ano máis á conmemoración en todo o mundo do Día Mundial da SIDA. En España ao redor de 150.000 persoas as que viven co VIH, cunha taxa de preto de 3.000 novos diagnósticos anuais.

Os socialistas denuncian no seu manifesto a pasividade, neglixencia e incapacidade coa que o goberno do Partido Popular aborda nestes as políticas relacionadas co VIH e a Sida. Critican ao Goberno de Rajoy o desmantelamento da Secretaría do Plan Nacional sobre a Sida e a súa integración nunha subdirección xeral, coa conseguinte eliminación de recursos e recortes drásticos de persoal, o que supuxo “o preludio da total ausencia de política neste ámbito por parte do goberno”.

Os socialistas vinculan a este feito o noso España non avaliara adecuadamente o Plan Multisectorial fronte á infección por VIH e a sida 2008-2012, e aínda non se aprobara o Plan Multisectorial 2013-2017. Ademais desde xuño de 2012 carecemos de datos epidemiolóxicos actualizados da incidencia real do VIH no noso país, o que impide planificar estratexias preventivas a curto, medio e longo prazo.

Esta total ausencia de políticas públicas en materia de VIH e Sida “contrasta coa rápida posta en marcha de medidas que restrinxen dereitos e prestacións ás persoas que viven co VIH”, sinala o PSdeG no seu manifesto, e indica o copago dos medicamentos, o crecente aumento de trabas para a dispensación de medicamentos antirretrovirais na farmacia hospitalaria ou as restricións no acceso aos medicamentos de última xeración contra a hepatite C. Todo iso sumado á exclusión sanitaria que para moitas cidadás e cidadáns supuxo a aprobación do Real Decreto-lei 16/2012, que “acabou cos principios de universalidade e equidade do noso sistema público de saúde”, denuncian os socialistas galegos.

O PSdeG-PSOE insisten na necesidade de que as políticas que dan resposta á infección por VIH deben ter unha visión e actuación integradora e global, que contemplen a loita contra o estigma e a discriminación, promovan a prevención, impulsen o diagnóstico precoz da infección e garantan o acceso á medicación. Reiteran o seu compromiso por un mundo con cero novas infeccións polo VIH, cero discriminaciones e cero mortes relacionadas co VIH e a sida.

O manifesto socialista denuncia tamén a redución do 75% das axudas destinadas a financiar os programas de prevención do VIH que desenvolven as ONG, pasando de case 4 millóns de euros en 2011 a 1 millón en 2012 e 2013, “o que demostra a falta de interese dos gobernos de Rajoy e Feijóo para impulsar e recoñecer a importante tarefa que desenvolven as organizacións sociais que traballan no VIH no noso país”, e que se están a ver abocadas ao peche por falta de recursos.

Censuran os socialistas que o goberno Feijóo reducira a súa achega á loita contra a Sida nun 55% o que provocou o peche dos Comités Antisida de Ourense, Vigo e Compostela. O de Ferrol está a piques de facelo. Ademais as campañas de prevención desapareceron da axenda do goberno popular. En especial as accións entre os mozos, que é onde se esta dando un preocupante repunte de infeccións por VIH.

Denuncian a discriminación de que son obxecto as persoas que viven co VIH e sumámonos a quen desde as organizacións sociais demandan o cese das restricciones a profesións tales como as forzas armadas e os corpos e forzas de seguridade do Estado, ou o acceso a servizos como residencia de maiores, centros de día... Para o que os socialistas seguirán impulsando unha Lei de Igualdade de Trato e non discriminación e a Ley Galega de Visbilidade e para a non discriminación das persoas LGTB que elimine as discriminacións e as restricións inxustas das persoas seropositivas no ámbito laboral e no acceso a bens e servizos.

Todas as reivindicacións recollidas no manifesto están a ser reforzadas a través dunha batería iniciativas parlamentarias xa presentadas polo Grupo Parlamentario Socialista no Parlamento de Galicia.

A diario, o Grupo LGTB do PSdeG, 7 Cores, que coordina Fito Ferreiro, traballa coas asociacións de loita contra a epidemia do VIH. Un exemplo desta estreita colaboración é a cesión dun espazo na sede do PSdeG coruñés para que a Asociación CASCO poida desenvolver a súa labor de prevención e de información á cidadanía.

Froito desta estreita colaboración xurdiu a idea de conmemorar de xeito diferente o día mundial da loita contra a SIDA. Hoxe, na Coruña, celebrarase unha festa que percorrerá varios locais da cidade e que contará coa colaboración de artistas locais. Será presentada polo xornalista Alfonso Hermida e a actriz Teté Delgado. En representación da Executiva do PSdeG asistirá o secretario de Movementos Sociais, Iván Puentes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar