O PSdeG denuncia a demagoxia e desprezo aos cidadáns da Costa da Morte por parte da Xunta polos atrasos e paralización das obras da autovía

O PSdeG denuncia a demagoxia e desprezo aos cidadáns da Costa da Morte por parte da Xunta polos atrasos e paralización das obras da autovía

O PSdeG denuncia a demagoxia e desprezo aos cidadáns da Costa da Morte por parte da Xunta polos atrasos e paralización das obras da autovía

A deputada socialista no Parlamento, Marisol Soneira, presentou unha nova iniciativa para presionar á Xunta de Galicia para que cumpra cos seus compromisos adquiridos no proceso electoral e se encargue de velar por que a autovía da Costa da Morte se remate dentro dos prazos prometidos.

A parlamentaria socialista apuntou que, a pesar do compromiso de ter finalizada a autovía no verán de 2013, a realidade é que “as máquinas están paradas” dende fai xa máis de un ano por unha suposta falla de financiamento da empresa. Subliñou que no seu lugar “a maleza está recuperando os espazos e a maquinaria podrece ao borde dunha longa cicatriz que, a modo de serpe esperpéntica, atravesa o vello territorio dos Nerios ”.

Soneira denuncia a patética imaxe que están a dar tanto o Goberno como o seu presidente, que “por mor dos caprichos e a irresponsabilidade” levaron o proxecto ao estancamento total e con serias dificultades para a súa execución, debido ao interese de non pagar as cotas e manter o déficit de Feijóo, tras os problemas de financiamento da empresa adxudicataria.

Salienta que hoxe en día “non hai financiamento nin actividade” dunha concesión que, logo de ter sido licitada polo goberno socialista, Feijóo decidiu paralizar e reiniciar para concedérllela “á mesma empresa insolvente por 205 millóns de euros mais e cinco anos menos de concesión”.

Advertiu que o goberno galego “non da garantías de continuar coas obras, xa que recoñece que a empresa segue sen resolver os problemas de financiamento” e denuncia que “a decisión de rescindir a primeira concesión foi sectaria porque a empresa ten agora os mesmos problemas de financiamento que antes”.

Marisol Soneira teme porque o goberno teña paralizadas outras infraestructuras no resto de Galicia que se atopen nas mesmas condicións que a autovía da Costa da Morte e plantea se existe algunha razón orzamentaria ou de cumprimento do déficit para que a Xunta dea a impresión de que a paralización é a opción que máis lle satisfai ao presidente, cando “estas infraestructuras son algo esencial para o desenvolvemento económico e social da zona”.

Por isto, a portavoz socialista esixiu que se execute o proxecto íntegro en todo o seu trazado e se dea cumprimento aos compromisos electorais adquiridos polo Presidente que prometeu que neste verán estarían circulando vehículos por dita autovía, e tamén tras pasar os tres meses nos que se garantizou que estarían solucionados os problemas de financiamento das obras.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar