O PSdeG denuncia a involución que soportan as mulleres en materia de igualdade coas leis dos gobernos do PP

O PSdeG denuncia a involución que soportan as mulleres en materia de igualdade coas leis dos gobernos do PP

O PSdeG denuncia a involución que soportan as mulleres en materia de igualdade coas leis dos gobernos do PP

Coincidindo coa conmemoración do día da Igualdade Salarial, celebrado onte, a portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, presentou unha serie de iniciativas que obriguen ao Goberno a responder sobre a situación da muller tras a reforma laboral

Acusou a Feijóo de paralizar a Lei do Traballo en Igualdade das mulleres do Goberno de Touriño

Denuncia que os populares pretenden impoñer que a función social da muller por antonomasia sexa a maternidade como o demostra o cambio de lexislación que pretenden en materia de interrupción voluntaria do embarazo

A participación da muller no mercado laboral e a desigualdade nas oportunidades a que se enfronta condicionan a súa situación económica, tanto nos períodos nos que traballa, con un menor salario medio, como nos períodos nos que está inactiva e é perceptora de prestacións sociais, a xubilación ou o desemprego.

A parlamentaria socialista, Carmen Acuña ven de presentar una batería de iniciativas parlamentarias orientadas a coñecer cantas mulleres traballan a tempo parcial no noso pais e cal e o salario medio en relación aos homes na mesma situación laboral.

Pregunta tamén polo número de familias que dependen só do salario da muller e os sectores onde se aprecia maior fenda entre os salarios de homes e mulleres por un mesmo traballo.

Acábase de celebrar o día da igualdade salarial o 22 de febreiro. Segundo un traballo realizado por UGT, en España hai máis de dous millóns de mulleres traballando a tempo parcial fronte a 730.100 homes e mentres elas gañan de media 719 euros eles 804 euros mes.

A brecha salarial e de 22,99% e aumentou un 0,5% con respecto o ano anterior. Unha muller ten que traballar 84 días máis ao ano para obter o mesmo salario que un home.

O Goberno debera ter claro que “o empobrecemento das mulleres ten un efecto multiplicador da pobreza afectando aos fillos e fillas e demais persoas o seu cargo”, apuntou Carmen Acuña. As familias que dependen dos ingresos da muller son mais pobres.

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista pregunta a Feijóo polo desenvolvemento da Lei Galega do Traballo en igualdade e pola repercusión da reforma laboral no emprego feminino en Galicia. En Galicia, co Goberno Touriño aprobárase a Lei do Traballo en Igualdade das mulleres de Galicia pero ca chegada de Feijoo a Xunta “se paralizou o seu desenvolvemento”, acusou a deputada socialista.

As preguntas ao Goberno pretenden coñecer si consideran que a función social da muller por antonomasia e a maternidade, como no período franquista. De ser así, “deberán explicar en sede parlamentaria as medidas que aplica para que se poda combinar co normal desenvolvemento profesional”, engadiu a deputada socialista.

Segundo denunciou Acuña, “isto, que parecía superado, esta a ser revivido día a día coas medidas que impoñen os gobernos do PP ás mulleres, tanto no eido social e dos dereitos das persoas como no laboral”.

Acuña afirma que “a supresión da Lei de Saúde de Sexual e Reprodutiva e IVE e a pretendida aprobación de outra ben distinta para o dereito do concibido e da muller embarazada o demostran”.

A voceira de Igualdade do Grupo Socialista afirma que o pretendido fomento da comprensión da maternidade como unha función social “demostra a involución que a muller esta a padecer en Galicia e en España”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar